Josefina Arruti foi “unha muller sinxela”, lembraba seu fillo fai uns anos nunha homenaxe, unha pontevedresa que casou con Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde da cidade e presidente da Deputación na II Republica. Ela é unha das que simboliza “a magnitude do drama das mulleres represalidadas, xa fose pola súa ideoloxía ou por parentesco”, lembrou o concelleiro de Memoria Histórica, Xaquín Moreda, xa que sufriu prisión e arresto domiciliario pola súa vinculación cos demócratas.

O concelleiro encabezou a presentación de “Os berros da motocicleta”, unha novela gráfica de Kiko da Silva e Pablo Prado sobre a vida de Josefina Arruti e coa que continúa o programa A Memoria das Mulleres. Éste investiga a historia descoñecida das mulleres, ademáis de divulgar a súa via e homenaxealas.

Así, o vindeiro venres descubrirase ás 12 horas na avenida Josefina Arruty unha placa, adicada á memoria desta muller que cando o seu marido marchou ao exilio seguiu vivindo en Pontevedra e tivo que sacar adiante soa aos seus tres fillos. O domingo no Culturgal presentarse a novela gráfica, que é a primeira obra de Pablo Prado (aínda que desde que a debuxou xa publicou outros traballos) e da que se editan inicialmente 1.000 exemplares que se repartirán na oficina de turismo, nos colexios e a Biblioteca Pública Antonio Odriozola.

A novela vai máis alá da biografía e “mestura outras historias, coma o asesinato de Bóveda”, sinalou Xaquín Moreda ao facer votos porque lle interese á mocidade, xa que“coñecer a história é o mellor antídoto contra o rexurdimento do fascismo”, sinalou o edil.

Kiko da Silva, que disculpou a asistencia de Pablo Prado, actualmente en Madrid, incidiu no reto que supuxo hacer unha obra “casi sin documentación”, o que supuxo “dous anos de búsqueda” de datos”.

A colaboración da familia foi decisiva. Aportou “axuda total, incluso planos da casa de Josefinea que xa non existe, e fixemos reunións constantes” para aportar datos “importantes tal vez non a nivel histórico” pero si no emotivo, suliñou o guionista da novela gráfica.

A xornalista Montse Fajardo foi outra das que prestou axuda para esta obra na que tamén teñen cabida “aspectos descoñecido como o libro co que Osorio-Tafall, obsequiou a Bibiana cando eran noivos”, o poemario Abril de Álvarez Blázquez.

A novela é unha dramatización feita a partires das cartas de Arruti e busca que o lector “e poña na pel da muller dun político que sufriu as consecuencias de estar casada cun roxo e a consecuencia é que non o volveu a ver nunca”.

Este relato basado en feitos reais, ainda que con licencias, é a historia de Josefina Arruti, lemrou Kiko Dasilva, “pero tamén a nosa, de Galicia, desta cidade e tamén do que significou para os galegos”.