Míriam Ferradáns, polo seu artigo "Aprender a contar", publicado en Sermos Galicia; Diego Giráldez, por "A cardiopatía de Xulia", en Praza Pública; e Cristina Pato por "Realidades paralelas", en La Voz de Galicia, son os finalistas do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. O xurado reuniuse onte para elexir aos finalistas entre os 19 traballos presentados a esta XVII edición do galardón adicado ao xornalismo literario e o artigos de opinión en galego.