A xornalista Belén Puñal e o escritor Moncho Iglesias abordarán hoxe, a partir das 20 horas, no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedram a situación do país nun novo faladoiro da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Ambos convidados tratarán dende a experiencia propia a emigración, inmigración e exilio na Galicia actual.