Síguenos en redes sociales:

As xornadas micolóxicas chegan dende hoxe ao colexio San Bieito de Lérez

Haberá charlas e unha saída guiada ao campo

As xornadas micolóxicas organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística para os centros de ensino, comezarán hoxe, ás 10 horas, no CEIP San Bieito de Lérez. Participarán 47 nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria.

A xornada consiste nunha charla de introdución á micoloxía, unha saída de campo guiada para recoller cogomelos pola ribeira do Lérez, unha sesión para identificar os cogomelos recollidos e a montaxe dunha exposición no colexio cos cogomelos apañados. Esta actividade busca promover o uso da lingua galega entre o alumnado de Primaria con actividades de micoloxía, iniciando as nenas e os nenos no coñecemento dos cogomelos habituais na súa contorna. Os contidos dinamizarán o uso da lingua tanto na oralidade como na escrita, asociándoa a actividades lúdicas e formativas de interese para a infancia.

Pulsa para ver más contenido para ti