O colectivo Monte Pituco celebrará os vindeiros 15 e 16 de novembro as III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, dedicadas ao legado do mestre marinense e experto en arqueoloxía, Carlos Paratcha. Durante a xornada do sábado se levará a cabo unha homenaxe a Paratcha e o domingo terá lugar unha andaina para visitar xacementos que descubriu.