O roteiro de María Victoria Moreno xa ten versión en papel
Percorre os principais lugares de Pontevedra cos que a profesora e escritora estivo vinculada
O roteiro “Camiñadas con María Victoria Moreno”, elaborado pola escritora pontevedresa e membro da Real Academia Galega, RAG, Fina Casalderrey, e Ana Acuña, xa conta cunha versión en papel. É o primeiro dos cinco que se organizan dende o Concello de Pontevedra que se leva ao formato físico. Permite facer un percorrido diferente pola Boa Vila que marcou a vida da escritora e profesora do IES Torrente Ballester.
María Victoria Morena, cacereña de nacemento, sentiuse moi vinculada sempre á cidade que a acolleu cos brazos abertos, así como á súa lingua, que asumiu como propia, como ela mesa confesaría en numerosas ocasións: “Aquí comecei a vivir en serio, por iso coido que Galicia é a miña terra. A miña relación coa lingua é simplemente una historia de amor”.
É, tamén, a primeira vez que un dos roteiros de Normalización Lingüística sae do casco histórico. Percorre aqueles lugares importantes para a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas: Ponte da Avenida de Vigo, a Avenida de Vigo, Campolongo, o río Gafos, rúas da Oliva, García Camba, Augusto García Sánchez, Marqués de Riestra e tamén emprazamentos do casco histórico, como as súas prazas e o Liceo Casino, onde fixo historia ao converterse na primeira muller que deu unha conferencia en galego en público.
A publicación inclúe dúas posibles opcións de roteiros, unha reducida e outra ampliada.
O roteiro pode facerse en grupo contactando co Concello de Pontevedra; tamén no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se inaugura esta tarde no Pazo da Cultura.
Temas
Más en Pontevedra
-
El Sergas expropiará en Montecelo uno de sus seis “leiraparking” para las 892 plazas de pago
-
El 98,5% de los niños de la ciudad entrará en el colegio en el centro elegido en primera opción
-
“Creo que facer unha boa comedia é do máis difícil que hai”
-
Sara Brea, Raia de Ouro de Sanxenxo por su trayectoria como redeira