Síguenos en redes sociales:

O PP critica a "incapacidade política" do bipartito provincial

O grupo provincial do Partido Popular criticou a "incapacidade política" do bipartito da Deputación para executar investimentos. A deputada Belén Cachafeiro, acompañada pola voceira do grupo, Nidia Arévalo, e da tamén deputada Luisa Piñeiro, explicou que en 2016 o total de investimentos propios da institución provincial e das transferencias que fan aos concellos foron 40,2 millóns de euros, "exactamente 30 millóns de euros menos que en 2015, a pesar de que o orzamento da Deputación foi lixeiramente superior en 2016 (151,9 millóns de euros), e un 30% menos que en 2012, ano no que todos os concellos e tamén a Deputación tivemos que facer un importante esforzo de contención do gasto pola crise económica".

Belén Cachafeiro lamentou que gastaran 30 millóns de euros menos nunha das partidas máis importantes para a provincia e para os concellos. "Non son datos do PP, son datos obxectivos que publica a propia Deputación a través da súa conta xeral, pero que desde logo concordan con moitas das mensaxes que desde o noso grupo estivemos dando nos últimos dous anos", engadiu a deputada.

"Falamos de un recorte inversor que explica o estado de abandono e deterioro das estradas provinciais, que explica a paralización de proxectos; a falta de apoio aos concellos; que non se licitaran proxectos, pero falamos tamén dun goberno bipartito e de unha presidenta da Deputación que é incapaz de xestionar e de atender as necesidades da provincia", sinalou.

Pulsa para ver más contenido para ti