Queremos Galego presentará o video "Por obra e graza do idioma"
A Asociación Queremos Galego Marín organiza, dentro da súa sección "Ser Lingua non é fácil", a proxección do documental da cangueira Andrea Bernárdez "Por obra e graza do idioma". Será o venres 3 de marzo ás 20.00 horas no Museo Manuel Torres.
Este documental que serviu como traballo de fin de grao de Andrea Bernárdez bucea na realidade lingüística do país a través de diferentes entrevistas con numerosas personalidades da política, cultura e administración, mais tamén con xente da pé. Xosé Manuel Beiras, a portavoz do BNG Ana Pontón, o secretario de política lingüística Valentín García Gómez, a actriz Mónica Camaño ou Uxio Novoneyra Rey son algunhas das persoas que interveñen neste documental para preguntarse e responder a esta cuestión.
Temas
Más en Pontevedra
-
Cuatro manifestaciones este primero de mayo en Pontevedra entre las 11:30 y las 12:30 horas
-
Santa Clara contará con una entrada por la plaza de Barcelos
-
El Sergas expropiará en Montecelo uno de sus seis “leiraparking” para las 892 plazas de pago
-
El 98,5% de los niños de la ciudad entrará en el colegio en el centro elegido en primera opción