Cantos na Maré celebrará esta noite ao recentemente falecido Fran Pérez, Narf, cunha ponte en forma de ritmos e sons que conectará as dúas ribeiras do Atlántico. Farao coa música da brasileira Kátya Teixeira, a portuguesa Celina da Piedade, a galega Guadi Galego, o angoleño Paulo Flores e o guineano Manecas Costa.

O festival internacional da lusofonía, que esgotou o pasado luns todas as localidades e comezará ás 21 horas, contará nesta edición 2017 con Santiago Auserón como artista convidado. Actualmente Juan Perro presenta "El viaje", o seu sétimo álbum, no que se acompaña exclusivamente da guitarra acústica e no que nel a herdanza afronorteamericana (o blues, o R&B, o rock, o soul, os estándares jazzísticos) intégranse de maneira "cada vez máis natural coa tradición afrolatina -principalmente cubana- e coas músicas de Iberia", indica a organización de Cantos na Maré.

A lembranza de Narf presidirá o festival, que quere homenaxear a "un artista paradigmático e un excemplo de como se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e o coñecemento mutuo, desde unha mirada que vai más alá dun simple intercambio musical". Para encabezar este recordo estará seu irmán musical, Manecas Costa, que en 2009 gravou con Narf o disco "Aló Irmâo".

Polo demais, a conversa musical, o encontro e a conexión co mundo volverán definir a Cantos na Maré, que con esta edición despídese do seu actual formato, xa que volverá no 2018 cunha nova proposta con relatorios, ponencias, máis actuacións, etc.

Dende o pasado xoves celébranse actividades complementarias, caso do obradoiro musical para escolares con Kátia Teixeira, que se celebrou onte, ou o relatorio que Paulo Flores impartiu na libraría Paz sobre o Semba.

Esta mañá será o turno do obradoito de canto alentexano con Celina da Piedade no bar Gramola. "Trátase dunha práctica vogal polifónica do sur de Portugal", suliña a organización, "recoñecida como patrimonio inmaterial da humanidade pola Unesco en 2014 e que sempre servíu como vía de expresión cunha forte conciencia social".

Con Manecas Costa, que xa participara na edición 2005 de Cantos na Maré, o outro reprentante africano será o outro protagonista será Paulo Flores, "unha das principais referencias da música de Angola e un defensor incansable do Semba", sinala a organización.

A cantora de São Paulo Kátya Teixeira representará a riquísima tradición musical do Brasil. "Nada nunha familia de músicos, compositores e investigadores da cultura popular", indican as mesmas fontes, "trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e tamén o resultado das súas andainas e recollidas polo Brasil. A música de Kàtya incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.

Outros artistas

E desde o Alentejo aterrará no Pazo Da Piedade co seu acordeón e carisma. "No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías, composicións propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil", sinala a organización.

Guadi Galego, pola súa banda, representa "un dos camiños máis arriscados na evolución da música galega de raíz cara novos territorios, e consegue xuntar na súa figura artística a consagración e o valor do novo".

Chega ao festival, engaden, cargada "con novas músicas procedentes do seu recén estreado álbum 'O mundo está parado'; e sostendo aínda o Premio Martín Códax da Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo "Lúas de outubro e agosto".

Nesta décimo terceira edición de Cantos na Maré, na que de novo non faltarán sorpresas, os músicos estarán acompañados por unha banda dirixida por Paulo Borges, director musical do festival, e tamén subirá ao escenario a directora artística, Uxía, nunha noite para a lembranza, a música, a amizade, a alegría e para celebrar a unión dos pobos da lusofonía.