Síguenos en redes sociales:

Unha lingua de futuro para un maio cheo de creatividade

Once centros de Secundaria participan na nova edición do concurso Ben Veñas, Maio, que conta con centros de participantes

Unha lingua de futuro para un maio cheo de creatividade

Os once centros de Secundaria de Pontevedra, a través dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de cada un, participan no certame Ben Veñas Maio, unha invitación a que os máis novos desenvolvan a súa creatividade en diferentes áreas de expresión artística.

Manuel Lourenzo Sobral, profesor do IES Luís Seoane, coordina esta edición do Ben Veñas e acompañou onte ó concelleiro Alberte Oubiña na presentación do certame, que incluirá modalidades de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música.

Trátase do mesmo esquema de anteriores edicións (se ben a organización pensa en incorporar novidades en vindeiros anos), unha fórmula que "funciona ben", lembrou o coordinador do certame, e cuxo espíritu se busca preservar mantendoo sen apenas modificacións. "So basta ver a acollida", destacou o profesor, "para comprobar que este é o camiño que se debe seguir".

De feito, ó certamen sumanse cada ano ducias de rapaces: na Semana Teatral o habitual é a participación de "entre 8 e 10 grupos", suliñou a misma fonte, e ducias de obras narrativas compiten no certame de relato. No caso da música, na pasada edición déronse cita doce grupos.

O concelleiro incidiu en que o galego é unha lingua útil "que ten futuro" e "hai que sacala das aulas", evitar que reduza ós espacios académicos, "e mediante este tipo de concursos incentívase a creatividade e tamén se contribúe a que o galego esté presente entre os máis novos", engadiu.

Segundo marcan as bases, poderán participar nos concursos o alumnado matriculado nos institutos públicos do Concello de Pontevedra e cada estudante ten a opción de presentar cantas obras queira, se ben en cada categoría non se concederá máis dun premio á mesma persoa.

"O alumnado participante", lembra a organización, "non fará figurar o seu nome nas obras. Xunto con estas, entregarase un sobre pechado que conterá os datos persoais: nome, idade, enderezo, teléfono, curso e instituto no que estuda e copia do DNI. No exterior figurará o título da obra a carón do pseudónimo do autor ou autora, a modalidade á que se presenta e, se é o caso, a categoría na que participa. As persoas que resulten premiadas deberán achegar, unha vez coñecido o veredicto, unha certificación bancaria na que estean autorizados os menores".

O xurado que cualificará os traballos será designado pola comisión organizadora e só a el corresponde a interpretación das bases. Asemade, o seu veredicto será inapelable.

Os traballos entregaránselles aos membros dos equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos institutos e o prazo de admisión rematará o vindiero 15 de abril.

Ademais dos premios establecidos (en cada modalidade hay ó menos dous premios e distintas categorías por idades) o xurado poderá outorgar os accésits que considere portunos e que consistirán nun lote de libros.

Pola súa banda, o anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse ao remate do certame musical Ben veñas, maio do sábado 7 de maio.

A organización felicitouse onte especialmente pola capacidade de convocatoria do certame "cunha presenza importante de obras de tódalas disciplinas", de xeito que se abre "a todos e eimplica a todos os alumnos, cada un ten unha inquietude ou unha vena creativa" que pode explotar no Ben Veñas, Maio e coa que pode contribuir a seguir enchendo de futuro a nosa lingua.

Pulsa para ver más contenido para ti