Síguenos en redes sociales:

Os rapaces do colexio Carballal celebraron o Día da Ciencia en Galego

Os rapaces do colexio Carballal celebraron o Día da Ciencia en Galego

| Co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego, o alumnado de quinto e sexto de Primaria do CEIP Carballal, convertíuse en científico. Onte visitaron as clases de primeiro a cuarto curso, para facer demostracións prácticas dos experimentos que prepararon ao longo da semana. Os maiores, formando equipos de investigación, elaboraron diferentes experiencias para amosarllas e explicarlles aos máis pequenos os fundamentos científicos das mesmas. A ilusión por esta actividade foi tal que incluso se fabricaron os seus carnés de investigadores e se vestiron como verdadeiros científicos no seu laboratorio, para darlle realismo a súa experiencia, segundo explicaron os mestres. "Os pequenos do cole gozaron tremendamente da maxia que ten a ciencia e os maiores de que o seu traballo previo servise para que outros aprendesen", engadiron os docentes.

Pulsa para ver más contenido para ti