Nunha xornada de portas abertas imos coñecer a horta das monxas do Convento de Santa Clara moitos séculos pechado para a cidadanía, imos como nun regueiro de formigas con coidado de non pisar as donicelas que esvaran entre as follas nunha escolma de cores nunha pradeira de herba cun manto de escarcha en silencio pra non peturbar o descanso de templarios e monxas que habitaron este espazo, maravillados de grande que é, un verxel co Lavadoiro, a Fonte do xardín irmán da de a Ferrería, a Capela, o Corredor para meditación nos días de choiva, o Claustro Artesanado a carón do xardín, e todo tipo de árbores frutais e viñedos todo ese espazo maravilloso no centro da cidade. Hai que por en valor o ben que o souperon conservar e que se lle dera prioridade ao Concello para poder mercalo para que todos poidamos desfrutar dese espazo único. Non quero imaxinalo en mans privadas ca especulación urbanística o que houvese acontecido,para min unha das millores inversións do goberno municipal en moitos anos.

De cativos nos tempos do pan de figo e sabañons estando nas cataquesis de San Francisco o pai Luis encargabanos ir mercar as ostias ao convento de Santa Clara, alí tras unha fiestra enreixada de madeira era o único trato que tiñamos cas monxiñas, cando iamos xogar ao veciño Campo da Feira agora Praza de Barcelos, polo capricho dos políticos de turno que non respetaron o nome tradicional da praza como sempre a coñeceron os veciños, subiamos as Plataneiras centenarias para ollar como traballaban na horta as monxas ca escusa de ir ver se aniñara o paporrubio ou o pardal na pola do árbore de todos os anos, agardando tamén poder colarnos no circo que sempre se instalava na praza.

Xa de maior militando nunha asociación nos tempos da resistencia cultural denunciamos nos organismos e na prensa o aldraxe que supuña para o noso patrimonio que no muro do convento que debaría estar protexido se consintixe o ter unha valla publicitaria enrriva sen que nadie nos fixese caso, ata que un día que se celebrava un congreso de arquitectos de visita na cidade un daqueles homes de moita sona que iva no séquito ao ver o aldraxe botoulle tal bronca ao alcalde daquel tempo que ao día seguinte xa non quedava rastro das vallas, como sempre tibo que vir un famoso de fora para que se decataran do erro, daquela o patrimonio nun interesava moito dai o suliñar o mérito das monxas, polo que lle foi concedido o premio Cidade de Pontevedra por manter tan fermoso lugar.

Esperemos que asiña se abra unha porta do muro a carón da praza e abrir ese fermoso espazo a todos os cidadáns poidamos desfrutar dese pulmón verde no centro e como preto atópase unha escola pública sirva de recreo para os cativos no tempo de lecer. Noraboa ao goberno municipal por amosar sensibilidade de agasallar a os veciños coa ‘xoia da coroa’ como é o Convento de Santa Clara.