Non lembro exactamente cantos anos tiña, aínda que a 12 non chegaba, diso estou seguro; cando na casa do meu querido amigo e veciño Xosé Marcelino (sobre o ano 1972 , aínda en pleno Franquismo) Pepe –así lle chamaba eu– era unha das persoas máis cultas e a súa casa era unha auténtica biblioteca, alí entre centos de libros, atopeime con este “A Burocracia Tenebrosa “, que chamou a miña atención ao instante, xa que era un libro de viñetas e sendo un cativo, era o máis normal, aínda que durante o tempo que fomos veciños puiden ler bos libros.

A verdade é que a estaban as mellores viñetas que aínda hoxe en día lembro perfectamente de coñecidos debuxantes de cómics, cada folla era unha viñeta que expresaba a situación que naquel momento vivíase en España, quizais era a única forma de expresar as ideas sen que a censura actuase, como sabemos a maioría dos que nacemos durante a década dos anos 60, 70 e mesmo os 80.

Ese libro axudoume a espertar e con axuda do meu amigo, ao que bombardeaba constantemente con preguntas de todo tipo que eu non lograba comprender e que, con toda a paciencia do mundo explicábame, foi por dicilo dalgún xeito, o meu mestre clandestino naqueles anos, que aínda recordo vagamente mesmo izaban a bandeira española e os nenos e nenas, formaban ante a mesma cantando o himno español, aínda había entre os mestres algún que outro falanxista e entre as mestras , algunha quedaba da antiga Sección Feminina, a min tocoume un ano, penso que foi o último no 1972/73 e a maioría do profesorado, acordou nun claustro deixar estas prácticas, que ninguén botou de menos nin sequera os que en principio puxérona, eu penso que o fixeron por medo e non porque comulgasen con esa forma de adoutrinar aos alumnos.

Iso foi no hoxe chamado “Colexio Público de Espiñeira de Aldán” (antes “Conde de Canalejas”) no concello de Cangas do Morrazo, o certo e que hai unhos catro ou cinco anos, a Xunta de Galicia estivo a piques de pechar este colexio por falta de alumnos, triste pero certo e non é porque non haxa nenos no pobo, xa que o colexio público de O Hío funciona perfectamente, pero aquí moita xente que di ser de esquerda e énchese a boca pedindo educación pública e de calidade, e levan aos seus fillos a colexios concertados.

Conste que cada quen é libre de levar aos seus fillos onde queira, pola contra logo en moitas ocasións, as súas ideas políticas non cadran cos seus feitos.