É sintomático ver aparecer a certas personalidades da política co seu corazón na terra, no país. É así ou non?, contestándolle a política que practican os partidos españois, partidos todos eles compostos de ideoloxía estatal, que nin tan sequera miran a Galiza como nación. A min recórdame unha rapaza que falaba español, era unha anomalía por parte dela, pero sen embargo non se atrevía a falar no seu idioma, o galego. Por que? pois simplemente porque tiña falta de valentía; a vida non lle deixaba ver máis o lonxe, o lonxe dunha nación que ten idioma propio, pero non llo recoñecen nin os medios de comunicación nin as canles móbiles, iso si, falan de euskera, falan do portugués, pero o idioma galego está escondido, asoballado, marxinado polos empresarios que sosteñen estas empresas.

É fácil entender a vida dunha nación con idioma propio e que o pobo ou parte do pobo non a fale, e que é falta de conciencia, ou non? Non asimilan nin o español nin o galego, nin falan ben o español nin falan galego sempre.

Só os nacionalistas, os bos e xenerosos, comprenden este estado de cousas, comprenden á sociedade galega...