É certo, señor Manuel Bragado
Manuel Reinoso Domínguez
Galicia, unha xeración perdida? A súa columna do FARO do pasado 2 de agosto do 2010 debería ser de, polo menos, obrigada lectura para quen se presente a tódalas vindeiras elecións para cargo pubrico.
Fai vostede unha radiografía dunha realidade, que supera calquer discrepancia, e falo co coñecemento de sentirme refrectido nesa situación
A miña filla rematou a carreira de químicas en Vigo, despois de moito esforzo, craro está pola súa banda, e de nós, e de todos que cos seus impostos conseguimos unha Universidade para que os nosos xóvenes estudien. Rematada a carreira, traballando tódolos meses de verán para axudar a economía familiar, non atopa ningunha saída profesional ós seus estudos eiquí en Galiza e en toda España, ate que afortunadamente a chaman da Universidade de Plymuth, en Inglaterra, e lle ofertan un proxecto de investigación en residuos radiactivos e alí leva catro anos.
Con ela vai o seu compañeiro de Hondarribia, licenciado en Tradución e Intérprete de Francés ,Inglés e Castelán, que co tempo agora é profesor fixo nun instituto púbrico de Plymuht, e agora cos recortes, tamén en Inglaterra, a miña filla,sen ela buscalo, chámana de Francia para traballar no equivalente eiquí a Xunta de Enerxía Nuclear, e decir polo Goberno Francés, para ofertarlle un contrato de dous anos .
Unha xeración perdida? Que se fixo eiquí cando despois de poñer a semente,medrar a árbore, saír o fruto nós non o recollemos? Como van medrar os picariños, picariñas, cando neste exemplo persoal que poño, a miña filla de 30 anos con raíces en Vigo pola parte de seus pais, raíces en Hondarribia pola parte da familia do seu compañeiro, e agora ten que deixar o seu compañeiro en Plymuth e ela vaise a París para seguir medrando como investigadora. Como vas ter fillos así. Presinto que por esta banda nós non imos ser abós.
Si, unha columna periodística de polo menos de necesaria lectura.
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- El ataque de un perro Shar pei en Vigo suelto y sin bozal deriva en una indemnización de 13.400 euros
- Oportunidad de negocio por 85.000 euros: se vende albergue en el Camino de Santiago
- Siete empresas compiten con Vitrasa por el nuevo contrato del autobús en Vigo de 468 millones de euros: Alsa, Arriva o la lusa Barraqueiro
- Un hombre muere en plena calle en Chapela