Nestes días estamos a vivir no noso Concello unha desas situacións de espanto ás que tanto nos teñen acostumados PSOE e BNG no Concello de Vigo. Desta vez trátase da concesión da Medalla da Cidade e dos galardóns de Vigueses Distinguidos. Algo que a dous meses escasos das eleccións se antolla como un tema de vital importancia para a oposición no Concello de Vigo. Acaso creen que será unha mina inagotable de votos a concesión de tales distincións?

Intentan demostrar estes señores que o Goberno Municipal goberna en minoría, algo que xa todos sabiamos, e que co seu voto no Pleno da Corporación poden impoñer a ese Goberno en minoría as súas decisións.

E pregúntome, por que non fixeron eso mesmo á hora de aprobar o orzamento municipal ou os investimentos do Plan de Parroquias? Por que non lle impuxeron un orzamento alternativo ó que presentaba o Goberno se non lles gustaba, en vez de votalo en contra sen presentar alternativa? Por que deixaron á cidade sen orzamento municipal e sen investimentos nas parroquias e agora poñen tanto énfase en algo de tan escasa importancia para a cidade coma estas medallas?, dito esto con todo o respecto hacia os colectivos ós que se pretende galardoar.

E para mostra prégolles que fagan memoria, lembran vostedes a quen se lle concedeu o ano pasado a medalla de Ouro da Cidade? Seguramente a maioría non lembra que foi ó Real Clube Náutico de Vigo. E fai dous anos? Deso xa non se lembra nin quen esto escribe.

Esta é unha clara mostra das prioridades que PSOE e BNG aplican á política local, centran tódolos seus esforzos políticos en cuestións vanais coas que pretenden desgastar ó Goberno Municipal, deixando os temas verdadeiramente importantes para a cidade sen solución, é máis, opoñéndose a que teñan solución.

Señores da oposición, facer que Vigo mellore as súas dotacións municipais e as súas infraestructuras non é tamén competencia do pleno municipal? Por que non puxeron o mesmo empeño que coas medallas?

Purificación Fernández Rodríguez - Vigo