Estes pasados días asistimos ao espectáculo mais mediático que recordo dos últimos tempos. Xente guapa da de verdade, cochazos de luxo, avións privados, rúas cortadas e case que cidades bloqueadas e exclusivas para que eles, esta autentica “casta”, da que falaba, xa non fala o ínclito Pablo Iglesias, o recordan?, o da coleta, agora xa cortou o pelo e está bastante máis formal, porque non hai que vender imaxe.

Puidemos ver nos informativos da caixa tonta, nos programas de salsa rosa, ou do corazón, os debates de tertulianos que opinan de todo sentando cátedra, sen saber de nada, pero coma doutores, etc. e quedamos abraiados ante o poderío e o despregue de forzas de orde pública, mirando ata debaixo dun sumidoiro de lixo ou un badoquiño dunha rúa mal asfaltada buscando que os inimigos da orde establecida non poidan cometer a tropelía de poñer un petardo nin tan sequera, pero eu botei de menos aquelas pancartas de antes, aquelas de OTAN de entrada non, e similares e xente opinando libremente se si ou se non. Certamente habería que dicir ca sociedade do noso país, moito mudou, ou tal vez canto estamos de cansados, de fartos, ou de aburridos, que xa nin tan sequera nos mobilizamos ante cousas tales como ceas de luxo nun palacio, museos bloqueados en exclusiva, teatros para uso e desfrute mais que restrinxido.

En fin todo sexa para que o noso Pedro pica pedra do momento poida sacarnos das cavernas e levarnos da man dos poderosos ao mundo mundial da jet set, isa champion league de primeira categoría que andamos a mendigar coma pedigüeños, aínda que sexa a costa de aumentar un 1%, do noso PIB, o gasto en defensa, en tanto que aumenta xa ata un 30% a contía dos nosos colegas en claro risco de exclusión social, e non sei as cifras de escándalo da pobreza infantil que denuncia UNICEF. A fractura da nosa sociedade moderna deste mal chamado estado do benestar, é xa innegable e evidente; ricos, cada vez mais ricos, e pobres de morrer de asco, que xa nin alcanzan a chegar ao bocata de tortilla de pataca envolta nas follas dun vello xornal, como aqueles dos tempos da emigración e o “Vente a Alemania Pepe!”, que nos representaba o cine do ben querido Landismo. Quen non o recorda?

Entre tanto tambores de guerra, perigo de recesión xa real, o mundo en vilo nesta arañeira que foron tecendo uns e outros coa súa política de facer que cambian todo para non cambiar nada e nos todos mais preocupados polo noso que é o manual de resistencia que nos ven de presentar o outro, o como dicía o escritor da idade de Ouro, don Francisco de Quevedo y Villegas; Ande yo caliente y ríase la gente.

E entre tanto xa saben canons ou mantequilla? Armamento ou xustiza social e solidariedade, aumentar o gasto para defendernos de que?, ou pensar nos que non teñen practicamente nada.

A quimera do estado do benestar, sen dúbida que si, ou cambiar todo para que nada cambie pero sen que nos decatemos, non vaia ser que se lles acabe o chollo a tanta xente juapa.