Opinión

A violencia e o corpo das mulleres

Todos estamos familiarizados cunha forma de violencia estandarizada que se implementa no imaxinario social de forma directa: entre elas a violencia física, e a violencia psiquica como unha das formas mais evidenciables e mais socialmente reprochables no eido da violencia sobre a muller. Sen embargo, ó redor do corpo da muller se exercen múltiples violencias de forma dinámica e constante, amparadas a maior parte delas nas relacions estruturais de subordinación entre un sexo e outro.

Crece el número de víctimas de violencia de género protegidas por la policía.

Crece el número de víctimas de violencia de género protegidas por la policía. / Shutterstock

Este estado de permanente subordinación xa se constata de forma clara no século XVIII a través do libro o Contrato Social de Rousseau, onde se toma o contrato dendo o punto de vista só do varón, e como consecuencia todo contra da muller, colocándonos nun permanente estado de subordinación.

E este contrato de subordinación ¿acaso non se trata dun contrato ilexítimo que non establece unha relación de reciprocidade nin de beneficio para ambos sexos ? ¿acaso o contrato non deixa de ser o paradigma de libre acordo, para transformarse na lexitimación propiamente moderna de relacións de suxeción e subordinación? O resultado é que o privado e o público, a familia e a sociedade, obedecen respectivamente a estos hitos contractuais permanentes afectando a todas as facetas da vida púbica e privada.

Os datos de ONU mulleres reflexan de forma directa a escala mundial o resultado das multiples violencias que as mulleres somos obxeto. Así o el 35 por cento das mulleres experimentaron algunha vez violencia física ou sexual por parte dunha parella íntima, ou violencia sexual perpetrada por una persona distinta da súa parella. Cada día, 137 mulleres son asesinadas por membros da súa propia familia. As mulleres adultas representan cerca da metade (o 49 por cento) das víctimas da trata de seres humáns detectadas a nivel mundial. As mulleres e nenas representan conxuntamente un 72 por cento das víctimas de trata, e as nenas supoñen máis de tres cuartas partes das víctimas infantís da trata. A trata de mulleres e nenas realízase, na maoría dos casos, con fins de explotación sexual. Quince millóns de nenas adolescentes de 15 a 19 anos experimentaron relacións sexuais forzadas en todo o mundo. Ó menos a 200 millóns de mulleres e nenas no mundo se lles realiza a mutilación xenital femenina. Cada 2 segundos unha nena é obrigada a casarse.

Estes datos reflexan a necesidade imperiosa de erradicar a violencia contra as mulleres. Nesta loita contra a violencia, a axenda política debe interesarse pola reconstrucción- tanto dende o punto de vista físico como dende novas narrativas- de corpos femeninos en versións fortes, autónomas e habitables. No imaxinario social, nos só aportamos a carne o corpo, de xeito que non podemos alegar ningunha narración que nos preceda nin nada que nos lexitime de forma individualizada como calquer ser human. Un corpo que dende as súas características biolóxicas e materiais sitúanos incardinadas dunha determinada maneira xa prestablecida, un corpo, que parece que non nos pertence, enaxenado e discurseado por eles, e sobre que precisamos exercer de forma inalienable os nosos dereitos de propiedade e discurso propios.

A violencia contra as mulleres non é pois individual, é do Estado, é de militarización da vida, pero, sobre todo, é das relacions de subordinación estructural que aínda concorren socialmente. Compre ser asertivos no convencemento de que unha sociedade en igualdade entre homes e mulleres, respetuosa cos dereitos humás e libre de violencia contra a muller, é unha exixencia democrática e un logro posible.

*Maxistrada