Pere Aragonés presidente da Generalitat é neto do último alcalde franquista de Pineda do Mar.

Esta é a xente que goberna en Catalunya co apoio dos sucesores dos Puyoles e os radicais da CUP, que polo menos falan claro, aínda que este tripartito é algo antinatural, radicais de esquerdas con burgueses e a aristocracia catalá, para alucinar .

Mentres Sánchez segue entre o eixo e a roda, o motivo é obvio a maioría que ten no congreso dependerá non só de ERC, senón de moitos partidos que o apoiaron para ser presidente e como é normal, van espremer para sacar adiante calquera cousa que teña que pasar polo congreso dos deputados, todos van pedir máis e máis , veremos onde está o limite.

Quedan dous anos de goberno e isto non está nada claro, Europa non regala o diñeiro, que aos poucos irá dando a España, e como é normal a medida que vaia chegando diñeiro, os recortes ou axustes , o nome é o de menos , o goberno terá que facelos , así funciona o B. C.E , Christine Lagarde, vella coñecida agora é a que leva a batuta, así que hai que ir apertando os cintos.

Así que “ A Deus rogando e co mazo dando ”.

En resumo cun parlamento tan fragmentado, uns socios que non son de fiar, e unha oposición tan voraz e que só lles preocupa chegar a poder, esto téñeno máis que cru, iso si que non falten as celebracións, botellóns e festas a vivir coma se a pandemia rematara xa, acabo este pequeno artigo cunha reflexión, de verdade que os pais de todo esa chea de mozas que se foron de festa a Mallorca que pensaban que ían facer uns mozos e mozas de , 14 , 15 , 16 anos ? Por favor un pouco de sentido común, se queremos saír de está pandemia boa falta fai, ou polo menos tela controlada.