Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As histerias colectivas

Segundo o Diccionario da Real Academia Galega, histeria significa desorde nerviosa psicolóxica que ocasiona na persoa unha acusada inestabilidade emocional. Estado de excitación esaxerada e incómoda.

Xa falaba desta especie de enfermidade Platón e Hipócrates, pero a través da historia foise deixando de tratar como tal. Hoxe quería darlle significado a actitude de moitas persoas que manifestan o seu estado de ánimo de forme emocional descontrolada.

Ás veces atopámonos con persoas que se poñen histéricas individualmente por algún contratempo que lles sucede e que non son capaces de soportar o efecto que lles causa. Pero eu quero referirme ás histerias en grupo.

A suma de individuos que non son capaces de moderar as súas emocións forman o que lle chamo eu “histerias colectivas”. Estes grupos sempre son fanáticos de algo. Un exemplo son os seguidores dos políticos extremistas e vexamos cómo se manifestan: tiran todo que atopan ó seu redor e ata chegan a irse das mans en algún momento. O mesmo lles pasa ás cuadrillas seguidoras exaltadas gañan ou perdan os seus equipos. Tamén en certas manifestacións para pedir algo cando perden o control dos seus actos. Por último quero referirme ás xuntanzas dos famosos botellóns, que animados polo alcohol a euforia provócalle esas histerias de grupo, que deixan efectos que non son nada loables. Pensemos un pouco, e a min me parece que todos eses grupos exaltados forman a cultura do rabaño. Existe unha despersonalización onde se perde o valor do humano.

Se queremos filosofar un pouco e buscamos a causa primeira desas situacións, descubriremos que está en cada individuo segundo a educación que recibiu. Sabemos que educación ven do latín “duco”que significa conducir. A persoa educada sabe conducirse pola vida e non causa accidentes... O problema ven cando as familias non teñen a capacidade para educar ós fillos, e hai que facelo desde moi pequenos.

Compartir el artículo

stats