Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Que escola queremos?

Sabedores e seguidores da aposta que Faro de Vigo esta facendo pola “educación”, traemos hoxe como reflexión desde “Pertenza”, as ideas de Jean-Michel Blanquer (1964...), Ministro de Educación Nacional, Xuventude e Deportes de Francia e as de Edgar Morin (1921...), destacado filosofo e sociólogo francés, sobre: Que escola queremos? É a paixón polo saber, (Sciences Humaines Éditions, 2020).

Que escola queremos? Como artellar as múltiples ideas? Que prioridades asignar hoxe a esta vella institución? Como reformala? Desde arriba a golpe de leis e decretos, ou desde abaixo apostando na capacidade de iniciativa dos seus actores? É posible transformar unha inspiración intelectual nunha acción política? Como emparellar os ideais co exercicio da responsabilidade e as restricións dunha institución?

No que estas persoas, si, están acordes, é na proposta como obxectivo fundamental de que a escola debe “ensinar a vivir”. A escola da vida de Blanquer é ensinar a vivir para Morin. A vida, pois, como motor e finalidade da educación. Unha idea de J. J. Rousseau (1712-1778): “Vivir é o oficio que eu pretendo ensinarlle, anuncia o preceptor de L’Emile”.

Porén, para Blanquer, ninguén pódelle aprender a vivir a ninguén. Cada experiencia persoal é única; non existe en ningunha parte o modo de emprego da existencia. E cadaquén debe trazar o seu camiño. Polo tanto, ao mesmo tempo, e en cada momento, hai que ensaiar. A convivencia cos fillos non necesariamente determina o seu camiño. Non é nin posible nin desexable. Pero conseguímolo con todo o que xa sabemos da vida... Apréndese “vivindo” (antes que lendo ou estudando), apostando sobre a experiencia e a sensorialidade. Apréndese “para vivir”, é dicir, para actuar e interactuar.

A educación non serve para nada, se ela non serve antes que nada para abrir á alteridade do mundo, regreso atento ás cousas, aos acontecementos, aos seres, ás pulsacións da vida. A escola debe preparar a cada individuo para afrontar os problemas da vida, ser autónomo e facer fronte aos errores.

Toda educación é en principio unha educación para a liberdade “comenta Blanquer”, afirmando: “liberdade individual de cada persoa no que a autonomía debe desenvolverse progresivamente ao longo dos anos escolares; liberdade política... apoiada por un sentimento de pertenza e habitada polo ‘orgullo de ser ti mesmo’”.

Morin, pola súa banda, propón, mais transdisciplinaridade nas ensinanzas, posto que tódolos grandes problemas son transdisciplinarios. Que é un ser humano? Que entendemos dos outros? Como preservar o noso planeta? Cal é o noso lugar no mesmo? Responder a estas cuestións, e reducir a fractura entre ciencias e humanidades.

Os alumnos teñen que desenvolverse no que supón o coñecemento, o rumor, os erros, etc. que estimule o espírito crítico e o coñecemento de si mesmo. Vendo ao outro en min mesmo, percíbome a min mesmo no outro. Morin, tómalle prestado a Platón a idea dun Eros do profesor, el debería amar o saber e aos alumnos para ensinar. A palabra do mestre ten que ser motivo de problematización. Na época dos “fake news”, dos dogmas, das manipulacións políticas... ensinar a problematizar supón unha misión esencial e unha aprendizaxe de liberdade”.

O dialogo entre Blanquer e Morin, ten unha mesma voz: “transformar a escola para poñela ao servizo dun humanismo repensado”, e Karl Jaspers (1883-1969), pouco despois da II Guerra Mundial comenta: “Se a humanidade quere continuar vivindo, debe cambiar”.

*Psiquiatra e Psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Compartir el artículo

stats