Opinión | Os camiños da vida
X.L. Méndez Ferrín
Vera efixie das dereitas en presenza
Titulo así porque as dereitas que mandan en España son tres corpos e unha soa ánima. So o liderado de Vox, xuntaron forzas Ciudadanos e, de xeito naturalmente biolóxico, os correlixionarios de Feixóo na Corte. E botaron abaixo as lápidas das rúas de Largo Caballero e Indalecio Prieto en Madrid.
Hai que recoñecer que estas figuras históricas representan o que as dereitas odian na súa Pel de Touro. Largo, alén de o líder de senllas folgas xerais en tempos de monarquía e en sazón republicana, foi primeiro ministro co Frente Popular e figurou sempre entre os que resistiron a sublevación mediante as armas populares e sen auxilio exterior durante tres terribeis anos. Largo Caballero participou na unidade de todos os antifascistas e, inda que refusase un día a integración na Komintern, non concebía a política do seu tempo sen a unidade nodal das dúas ponlas do proletariado; as que se distinguían a si mesmas como "socialistas" e as que o facían como "comunistas". Pasoulle as contas, por orde de Franco, a Gestapo a Largo Caballero na Francia vencida. Os nazis prenderon a Largo Caballero. Este foi dar cos seus ósos no lugar preciso que a historia destinou daquela aos antifeixistas de Occidente: o campo de concentración e exterminio alemán.
Borraron as dereitas, pois, o nome de Largo Caballero en Madrid. No Madrid do "no pasarán", con certeza, pero tamén do meu Madrid de Brais Pinto e do Madrid do profesor Tierno Galván. O estraño da cuestión é que a España Negra tamén borrou do nomenclátor urbano da capital do reino o nome de Indalecio Prieto. A sorpresa sobrevenme ao contemplar como Indalecio Prieto que era, por suposto, dirixente de PSOE, formou parte do cortexo dos compañeiros que se fixeron atlantistas, se aproximaron aos EEUU e prepararon con "Madariaga e o seu coro de maus cómicos" os primeiros movementos españois da segunda Restauración, na figura de Juan de Borbón. Que lle retiren o nome da rúa a un que foi precursor moi dilixente da chamada "Modélica Transición" de España, revela un revanchismo franquista tan mesto e rencoroso como longo tempo disimulado. Así están as cousas en Madrid, "castillo famoso". Agora apenas tratamos en síntomas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Octogenarios vigueses, «tirados» en Pontevedra de madrugada por el Imserso: «A esas horas no hay ni trenes ni buses para trasladarse»
- Ramiro González: «Arramplaron con todo, hasta con los recuerdos»
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Los acusados de boicotear a un hipermercado de Vigo por vender productos israelíes: «Lo volveríamos a hacer»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- El papa León XIV tiene antepasados gallegos