Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pandemia, crise e impacto de xénero

De sobra son coñecidos na actualidade os grandes debates sobre as fendas existentes entre sexos en materias tales como salarios, coidados, atencións, carga mental no reparto de roles, debates que ocupan de forma reiterada numerosos artigos de investigación a nivel mundial e que son obxeto de sendas regulacións as cales comprenden, - ou non, - a totalidade das facetas discriminatorias que se ceban sobre as mulleres. Asi como numeroros son os datos de estudos que revelan de forma directa as grandes diferenzas en todos estes extremos entre homes e mulleres.

En circunstancias normais e estandarizadas, a concorrencia na empleabilidade das mulleres revela a segregación ocupacional, a inestabilidade laboral ou a precariedade que caracterizan as condicions da ocupacion laboral das mulleres. Así a maioría de empregos en sectores feminizados se concentran no sector servizos, sendo este sector (hosteleria, comercio e semellantes) un dos mais afectados coa pandemia actual. Dentro destes empregos conncorren outros elementos básicos de foram estructural altamente definitorios da discriminación entre sexos, tales como que son contratos a tempo parcial, con paros intermitentes e salarios mais baixos e situacions mais precarizadas. Datos todos eles per se negativos pero imperantes dentro do sistema de contratación de mulleres, que en caso de pandemia ou de crise grave como a que nos abocamos neste momento histórico, constitúen elementos que obstaculizan acceder a prestacións coma o desemprego e outras de caracter vital e asistencial, ficando lonxe da proteción social estándar a que si teñen acceso outras ocupacións mais masculinizadas, as cales ademais tenden a ser a tempo completo de forma indefinida e ancladas en parámetros mais beneficiosos en todos os niveis. Isto sen esquecer que outras ocupacións de maioría feminina, coma a das as empregadas de fogar, teñen unhas condicións e prestacións aínda mais precarizadas e que tamén son obxeto dun impacto de crise provocado pola pandemia que agudiza a esta ocupación dunha forma evidente.

A esto cómpre engadir que, nestes tempos de confinamento, os sectores básicos esenciais na comunidade (que, en consecuencia, non puideron parar) tales como sanidade, limpeza, supermercados ou coidadores de maiores resultan ser ocupacións tamén feminizadas e que están sendo as máis expostas á pandemia, coa carga psíquica e física que isto conleva.

Do mesmo xeito a restrición de movementos, asi como as presións económicas e sociais provocadas pola pandemia aumentan de maneira importante o numero de mulleres de toda idade que sufren abusos de todo tipo dentro do fogar. Exemplificativo resulta ser que as estatísticas actuais acerca das chamadas recibidas no 016 (teléfono de atención ás mulleres en situación de maltrato) e ocnforme datso do Minsiteio de Igualdade, relevna que a primeira quincena de abril deste ano as chamadas o 016 en pleno confinamento se elevan nun total de 48 % en relación a primeira quincena de abril do ano 2019, así como as consultas da plataforma on line para victimas de maltrato aumentan na primeira quincena de abril desta anualidade nun 650 % en relación á mesma quincena de abril do ano 2019 datos que evidencia o aumento de asesoramento e comunicación realizadas polas mulleres en estado de confinamento.

Con todos estos datos e argumentos, este estado de alarma esta crise que planifica nesta sociedade a nivel mundial, cómpre que os poderes públicos a todos os niveis se realice unha análise das consecuencias que para as mulleres se derivan da situación de emerxencia que nos toca vivir. Así sería necesario unha recopilación estricta dos efectos que tanto na economía como socialmente se detectan na situación actual, sendo responsabilidade de todos os poderes realizar unhas conclusións exhaustivas acerca dos efectos que esta crise vai ter. Por iso sería convinte asegurar a disponibilidade de datos desagregados por sexo e unha análise de impacto de xénero, incluíndo as taxas diferenciadas de infección, impactos económicos, carga de coidados diferenciado, barreiras de acceso de mulleres ás diferentes prestacións e incidencia de violencia doméstica e sexual. Deste xeito se podería garantir que o nivel de resposta asistencial e económico non xenere mais fendas das xa existentes entre os sexos. Esto deberá levar consigo a necesaria implicación das mulleres en todas as fases de toma de decisións a nivel nacional e local, especialmente importante nos grupos de mulleres que reciben o impacto das crise de forma mais grave, tales como as mulleres traballadoras do sector sanitario, traballadoras domésticas e do sector informal ou mulleres migrantes e refuxiadas, entre outras. É necesario dende xa impulsar consultas directas con organizacións e asociacións ou colectivos de mulleres sobre a situación das mesmas, en particular sobre as suas necesidades e as medidas axeitadas para enfrentar a pandemia, asegurando que as suas opinións, intereses, contribucións e propostas sexan incorporadas na resposta.

Toda esta información pormenorizada e segregada por sexos debe servir e obrigar a impulsar medidas económicas e políticas que permitan recoñecer as grandes diferenzas e fendas descritas para reducir e redistribuir as cargas económicas e sociais que concorren, así como a sobrecarga de traballo non remunerado que se produce no interior dos fogares por coidados de nenas e nenos, persoas maiores e persoas con discapacidade, e que é absorvida maioritariamente polas mulleres. Sen esquecer a necesidade de adoptar medidas que permitan asegurar a curto prazo o acceso de mulleres migrantes e refuxiadas a servicios de saúde, mulleres en situación de explotación sexual emprego, alimentación e información, mitigar os riscos de protección con especial atención á violencia de xénero e a trata de mulleres e nenas fomentando a cohesion social. E finalmente se deben ter en conta as necesidades diferentes entre mulleres e homes nos esforzos de recuperación económica e social a medio e longo prazo, e desenvolver estratexias propias centradas nas mulleres, para fomentar a resiliencia e impulsar mecanismos para a xeración de ingresos e medios de vida sostible, recoñecendo o maior impacto negativo que soportan os diferentes grupos de mulleres como colectivos vulnerables ante toda crise.

Por iso hoxe mais que nunca todo proceso politico debe ter en conta que a igualdade política, social e económica entre sexos e unha condición necesaria para o progreso e emancipación da sociedade que non debe ser obviada polo sistema político a ningún nivel.

*Maxistrada de Primera Instancia

Compartir el artículo

stats