Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Mentiras e mentirosos

En este mundo traidor, nada es verdad ni mentira, todo depende del color del cristal con que se mira.

Pois si, amigos, unha vez máis a sabedoría popular, nai da razón e do coñecemento baséase na experiencia e recórdanos que mentiras e mentirosos, como as meigas, habelas hainas. Dende que os homes desenvolvemos a capacidade de pensar e materializar os seus pensamentos na fala, sen que ninguén teña que aprendermos, resultamos uns consumados e expertos mentirosos.

O mundo mundial está cheo de embusteiros compulsivos. Mentirosos por interese e sen escrúpulos que buscan meter mentira para sacar verdade, sempre na procura do seu propio beneficio; como dicía o meu pai, que en paz descanse: Que nadie sepa lo que tú sabes.

Hai embusteiros profesionais que viven na e dunha grande mentira na que participamos todos dun xeito máis ou menos voluntario, uns por acción e outros por omisión. Ou acaso o sistema político que, como a vida mesma, se nos está a vender cada día, non resulta unha inmensa falacia, un cúmulo de falsidades e mentiras máis ou menos ben argalladas e estruturadas, que fai que o sistema funcione? Sen dúbida que calquera outro sería moito peor, si, seino, pero non por elo pódenme negar que esta pseudo democracia é noxenta, falsa e unha feira de vaidades nas que os de arriba viven coma Deus, e os demais coma o demo, de cu e costa abaixo sen freos.

A última das mentiras verdadeiras que acabamos de contemplar, estupefactos, é a transmutación do Sr. Iglesias, dende que xa ten a súa carteira, non lle digo nada se ademais lle deran os donuts.

Hai tempo, noutra ocasión xa falei tamén, dende esta columna dos meus desvaríos, deste mesmo tema e lamentablemente como vou vello, non mudo nos meus principios, como dicía o xenio do humor, Groucho Marx: Estes son os meus principios, se non lle gustan teño outros. Pois, digo eu que ao cabo dos anos son quen de perdoar e desculpar as mentirijillas, as mentiras por amor, mentir para evitar un dolor, un dano maior co que se fai coa mentira que se conta. Digamos que nestes casos mentimos para non causar mal, aínda que ás veces saia o tiro pola culata e se líe a de San Quintín, pero xa se sabe que o que queira peixe que molle o cu.

O que non tolero de ningunha maneira é a Mentira, así con maiúsculas, co fin dende a súa raíz de sacar un beneficio material, e económico prexudicando directamente aos demais, porque de listos están as rúas cheas, e neste mundo o mais tonto é enxeñeiro.

Compartir el artículo

stats