O Camiño Portugués da Costa esta o suficientemente documentado como camiño xacobeo, a pesar de que durante moitos anos estivo a sombra do trazado principal por Ponte de Lima e Tui, que sempre foi mais concorrido. A súa recuperación e recente, comezando o seu estudio e sinalización en 1993 e o seu recoñecemento oficial pola Xunta de Galicia en 2010. A partir deste ano o seu crecemento en número de peregrinos resulta imparable. Estamos convencidos que os datos de 2019 serán impresionantes e continuarán dada a proximidade do Xacobeo 2021.

O Camiño Portugués da Costa xa ten duplicado os peregrinos con respecto a 2017. A variante litoral da ruta xacobea sumou 4.700 camiñantes na primeira metade do ano 2018 e a portuguesa tradicional, a mais consolidada, acadou os 27.000, un 18% mais que o mesmo período do ano 2017, acordes coa Oficina do Peregrino facilitados pola Deputación de Pontevedra. O Camiño de Inverno creceu un 12% ao pasar de 237 a 266 usuarios rexistrados. A considerar a ruta Padre Sarmiento e a do Mar de Arousa e Río Ulla, o Camiño Portugués da Costa pasou de 1.286 peregrinos a 2.852 e do 3,05% ó 6,07%, polo que supera o Camiño do Norte, Primitivo, Vía da Plata, Inglés e Fisterra.

Xacobeo Autismo. Un camiño de todos, xa realizada a 3ª etapa Santa María de Oia a Mougas (6 km), o pé dos cantís, despois de deixar atrás a vila mariñeira de Oia atopámonos ca parroquia de Mougas, a carón da Serra da Groba, un percorrido con vales e concas fluviais formadas por pequenos ríos que descenden de maneira vertixinosa cara o mar, e fano con importantes cascadas e pozas como as de Mougás e os regos de Pías. A presenza de cabalos salvaxes desde tempos remotos son interesantes de ver e observar. No curro de Mougás os cabalos son ferrados e marcados o tempo que elimínanlle os parasitos. É a famosa "rapa das bestas", que se celebra cadanseu ano cunha gran afluencia de visitantes. A 4ª etapa, do pasado día 25 de setembro fixémola de Mougás a Silleiro (5,8 km), pasando polas inmediacións do faro do Cabo Silleiro, extremo sur da ría de Vigo e punto principal de orientación dos navíos que navegan estas augas. O seu primeiro faro foi inaugurado en 1866 e funcionaba cunha lámpada de aceite vexetal.

A 5ª etapa, no día de onte Silleiro Baiona, a carón de Baredo ca súa vella verea real. Baredo posúe un núcleo rural moi conservado, con camiños empedrados e unha xenuína arquitectura popular. Uns quilómetros despois de Baredo chegamos o castelo de Monte Real, hoxe convertido no Parador Nacional de Turismo de Baiona, co seu engaiolado carreiro que o circunda. Os seus fortes muros defensivos resistiron o ataque do corsario inglés Francis Drake, que desembarcou aquí en 1585. Alén do castelo Baiona!! A 6ª e penúltima etapa que percorreremos hoxe de Baiona a Ramallosa.