Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Sobre heroes e tumbas. A José Pereiro

Estimado Pepe:

Estouche a falar desde o outro lado da vida e permíteme que che conte o gran vacío que agora mesmo deixache. Estamos cheos de silencio,de miradas perdidas, de tristeza, de abatemento, de pena. E de rabia, de moita rabia e de moita impotencia.Outra inxusticia máis disto que chaman vida. Xa nada vai ser igual.

Aínda me lembro o veran daquel ano de 1984. ano en que tiven a sorte de coñecerte. Xa choveu, vaia si choveu; que nolo digan sino eses adultos, pais agora, avós ao cabo do tempo, que foron amamantados con ese cálida voz que sempre tiveche. A cantos tes sentado no teu regazo e denominar aqueles laios e berros que os seus pais eran incapaces de soportar. Seductor, encantador de nenos, que coa túa voz repousada, rítmica e tenue facías dun depresor lingual o xoguete preferido dos nenos. Que grande foches,Pepe, que grande es.

No campo persoal decirche que enriqueche a miña contorna co teu saber. Compartíamos afeccións e sempre estabamos a falar de libros. Apoiados na barra daquela cafetería da casa do mar, e mentres saboreabamos aquel triste café, intercambiabamos pareceres, consellos e dúbidas sobre libros, clásicos ou contemporáneos.

Sempre recordarei aquela predilección que tiñas por aquel libro de Ernesto Sábato: "Sobre héroes y tumbas". Moito che gustaba, pero sobre todo "El informe sobre ciegos". Alá me conveceche porque era moi difícil non sucumbir aos teus consellos para que o lera, e así o fixen. E alá creamos o noso persoal club da lectura, ambolos dous lectores dos libros olvidados. Aquela libraría Maraxe, preto da Casa do Mar era o noso punto neurálxico e alí mercabamos aquela edición de bolsillo que tanto enriqueceu e sostivo a nosa amizade.

Agora mesmo a túa ausencia desorienta e confunde. No teu percorrido o longo da vida fixeche da discrección un arte e da humildade unha obriga. Fai aproximadamente un mes que tiven contigo a derradeira conversa, e sempre pensaba sería a penúltima. Se o sei, paro o reloxo. Xa non me deu tempo.

Onde queira que estés Pepe e sei que vai ser no posto dos privilexiados, enviareiche cada dia esa mensaxe, ese saúdo, esas novas a través de esas pombas que tanto queres; as pombas que tanto encheron e encheran a tua vida.

Moitas grazas Pepe, pola túa clase maxistral da vida e non olvides que "non é máis grande o que máis espazo ocupa se non o que máis vacío deixa".

Seguiremos falando. Xa che contarei.

Compartir el artículo

stats