Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

O patio do tío Eustaquio

Ai mi madriña, mi madriña!! Pero como está o patio do tío Eustaquio de revolto. Que terá o poder que ata o máis parvo loita por el e ata o que non ten mans o quere coller¡.

Andamos á gresca, a ver quen din a burrada máis grande, a mentira máis incrible, a ocorrencia máis orixinalmente estúpida. Andamos metidos en campaña electoral e xa é sabido que cando os políticos andan ao seu, o todo vale é a única lei, o único Deus verdadeiro, o premio logo pertenza á casta; catro anos de tarxetas Business, despachos de moqueta, viaxes pagados, plan de pensión millonarios, soldos de luxo e portas xiratorias, en tanto os de a pé, os invisibles, os caladiños, soportamos tres millóns de parados, soldos xa nin sequera mileuristas, a fuxida dos nosos fillos na procura dunha saída fora, aquí non queda nin Deus, pensións de miseria, en fin xa saben; o país das marabillas.

Triste espectáculo o que estamos a ver, absurdos mitins nos que tan so van os de sempre, os acólitos, os que teñen moito que gañar e pouco que perder, a famosa "cla", os palmeiros que están ao seu; aplaudir, axexar os seus tristes lideres e veña palmadas nas costas, apertas, bicos, e sorrisos máis falsos cun billete e 1.000 euros, pintada nas súas bocas das que tan so saen insultos os contrarios e loas os propios, cando mais falsaria e inventada mellor.

Xa saben aquelo de unha mentira mil veces repetida remata por se converter nunha media verdade, aplicados xefes de marketing, equipos de asesores, sabios da arte do birlo birloque e sacar coellos destas chisteras baleiras carentes de proxectos, ideas, realidades, soluciones ou imposibles que vendernos, porque son fume de carozo e nos todos somos conscientes deste teatro do malo e barato de curral de corrala, no que coma trileiros de feira, embaucan o incauto, o se deixa embaucar porque quere, porque precisa crer, porque non ten mais remedio que crer. O peor de todo é o que pensa aquelo de "ollos que non ven, corazón que non sinte", porque o único que non se pode facer, o único que tería que estar prohibido, o único que realmente non serve de nada é pechar os ollos e pensar isto non vai comigo.

Certamente temos unha clase política cunha ínfima capacidade de ilusión, cunha oratoria e unha dialéctica máis que pobre, noxenta, na que o famoso; E ti máis, da risa, mais ven produce vergoña allea, pero calamos e miramos para outro lado, se acaso no bar cunha cervexa ben fría somos todos moi farrucos, e fardamos e soltamos de todo contra todo, pero despois agochamos a cabeza, a metemos nun burato, miramos para outra lado e calamos, e calamos, e calamos, e deixamos que mexen por nos e semella que chove.

Agora temos de novo a palabra, para votar e botar fora a estes Alcaldes incompetentes, estes políticos corruptos, estes deputados carentes de escrúpulos e vergoña que chegan a enriquecerse a e de a política, a servirse, non a servir e a única forma e maneira que temos e nos deixan, o que ó final conta, depositar unha papeleta nunha furna e non calar, porque estamos ata os mesmos de todos eles.

Non si? Pois iso, mesmo. Falemos logo, pero de verdade non de boquilla.

Compartir el artículo

stats