Este comunicado que aquí redactamos é para pedir disculpas publicamente a Luís Davila, autor do Bichero.

Este ano, sen intención de aproveitarnos do traballlo de ninguén, usamos varias viñetas do Bichero para incluirlas no noso libreto de Entroido en Cangas. Incluso chegamos a manipular o texto dunha delas para facer un chiste sen sequera chegar a quitar a súa firma.

Queremos que tod@s sepan que Luís Davila non tivo nada que ver con todo isto e descoñecía que íamos a utilizar esas viñetas no noso libreto do Entroido.

Foi unha tontería pola nosa parte utilizar o excelente traballo de este home sen o seu consentimento.

Na comparsa Os de Sempre somos siareiros do Bichero, como moitísima outra xente. Pero incluimos os debuxos no noso libreto do Entroido sen pensar que detrás desas viñetas está o traballo dunha persoa gañándose a vida.

Unha vez máis, e as que faga falla, pedimos mil perdóns a Luís Davila.

NON VOLTARÁ A PASAR NUNCA MÁIS.

Atentamente Os de Sempre.

*Comparsa do Entroido de Cangas