Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Chámase mentalidade!

Así que rematou a liga de Asobal o ano pasado tod@s celebramos q un ano máis íamos seguir un ano mais na mellor liga do mundo de balonmán. Seguíamos na Asobal porque temos a mellor afición do mundo.

E temos un equipo que se o cre pódelle gañar a calquera. Temos xogadores, temos afición para seguir en Asobal. Eu non son entrenador pero na miña modesta opinión a este equipo fáltalle mentalidade, fáltalle tranquilidade. E fáltalle, ao mellor, asumir que lle poden gañar a calquera.

Polo tanto eu creo que aínda hai marxe para saír a flote; hai marxe para empezar a gañar e hai marxe para dicirlle a cada un dos aficionad@s que imos ao Gatañal que entre tod@s imos a sacar o barco a flote.

Porque aínda hai tempo. Estou seguro que imos vivir moitas tardes de gloria con este equipo na Asobal e no Gatañal. Só nos falta un pouco de mentalidade gañadora e aos xogadores mentalizarse de que poden sacar os partidos adiante.

E a afición a poñer a banda sonora que sonará moito tempo no Gatañal. ¡Imos rapaces! ¡Vós podedes!

*Socio número 20 do Balonmán Cangas

Compartir el artículo

stats