Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Campo Naraia: Bierzo ceibe

Naraído, Naraío o Naranxo, Naraxa, Nariño, Naría, varios Narón, son nomes de lugar habitado que existen en Galicia. A eles hai que sumar Campo Naraia, que, co nome oficial de "Camponaraya", é hoxe un concello do Bierzo. Trátase dunha serie de topónimos arcaicos, que nos levan a tempos previos á romanización. A súa etimoloxía é dubidosa. Pensouse, inocentemente, que Naraia era en realidade, "na raia". Isto é: no lugar por onde pasa a divisoria linguïstica do Bierzo entre o galego e o antigo leonés, hoxe castelanizado.

En todo caso, Campo Naraia non se encontra lonxe do cemiterio no que xace o brigadeiro Fernández Morales, un dos sólidos esteos sobre os que descansa o edificio gorioso da poesía en galego do século XX. Recentemente, en Campo Naraia, ou "Camponaraya", prepararon unha excursión ás Rías Baixas, o cal non debería ter demasiada repercusión nos medios de comunicación de masa de Galicia. Mais, velaiquí que o acontemente foi publicitado como "Excursión á Costa da Fariña".

Como é de supoñér, os bercianos usaban o concepto de "fariña" que chegou a toda España na serie de televisión do mesmo nome. O Concello de Cambados, segundo a prensa galega, formulou perante o de Campo Naraia unha queixa formal, e este rectificou retirando o nome de "Costa da Fariña" de convocatoria.

A min non me parece demasiado ben. Campo Naraia demostraba sentido do humor, ao lle chamar así ao destino da súa actividade. E, sobre todo, demostraba complicidade coa película e con Galicia ao usar o galego de forma natural. Compre recordar que o noso idioma, aínda que vivo en bon número de concellos do Bierzo, carece de calquera tipo de recoñecemento real na autonomía de Castilla-León. Que uns bercianos xoguen humoristicamente co sinónimo que o pobo soberano lle puxo en galego á cocaína e que a película fixo famoso, é algo que a min me divirte. E me fai sabedor de que en Campo Naraia aínda existe memoria da vella linguas do Bierzo Occidental, a cal non é outra ca o galego.

A falla de respecto que a serie televisiva "Fariña" amosa polo Partido P,opular,e máis a constante alusión ás relacións entre este partido e o negocio da droga, no é cousa que semella alleo á indignación que demostra o concello de Cambados. Estou seguro de que aos cambadeses normais non lles molestaría recibir unha excusión procedente do Bierzo na que se mencionase a costa do Salnés como Costa da Fariña.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.