Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

Desinformación sobre o ENIL

A pendente declaración dun ENIL (Espazo Natural de Interese Local), dentro das fragas de Catasós-Casas Vellas, non só se enfronta a unha controvertida discusión de caracter político no complexo marco municipal, senon, tamén, a unha aparente e irreal embestida contra o rexime de propiedade das fragas.

Temos que aceptar, como punto de partida, que todas as discusións, que poida haber ao respecto, poden ser sempre positivas se hai un interese real por salvagardar a integridade deste espazo natural, innecesaria e erroneamente ameazado polo paso dunha LAT, que ten alternativas de trazado suficientes para evitar a afectación a este "bosque de caracter antigo", como se recoñece nalgúns informes realizados por expertos destacados en xeobotánica.

Fronte a esta problemática o pleno do concello de Lalín, por razóns que non pretendo analizar aquí, non foi capaz de chegar a un acordo positivo para aprobar o proxecto de ENIL, alí debatido, a comezos de setembro. A verdade é que detrás de todo isto sempre está en discusión a aceptación ou non aceptación, por parte dos propietarios do espazo afectado e neste xogo, tamén, está latente o problema da propiedade dos terreos, das árbores e o mantemento de usos.

Unha serie de cuestións non arbitrarias que revelan o estado de desinformación existente e persistente.

Un ENIL proxectase sobre un espazo físico con terreos tanto públicos como privados e a súa finalidade é tan só protexer ese espazo, polo que o "conceto propiedade" sae reforzado e o uso tradicional dos terreos abarcados persiste. O verdadeiro obxectivo dun ENIL é conservar intacto un espazo que pode sentirse ameazado por diversas circunstancias e, para que iso sexa posible, o mellor que se pode facer é "normativizar" (legalizar) oficialmente o catálogo de prácticas tradicionais que mantiveron intactos eses espazos.

No caso de Catasós se tomamos como exemplo "as normas de uso" do Monumento Natural publicadas no Decreto 76/2000 da Consellería de Medio Ambiente, unhas normas relativamente ambiciosas, pronto nos decatamos das vantaxes que pode conlevar un ENIL. Estas son as normas en vigor que se aplican ao Monumento Natural: (1) non está permitido facer acampadas nin instalar campamentos, (2) non se poden facer desmontes nin realizar terrapléns, (3) prohibidos os vertidos de lixo, cascallos e residuos sólidos en xeral, asi como o establecemento de calquera tipo de vertedoiro de lixo ao interior do Monumento, (4) non realizar queimas (prohibición de incendios), (5) prohibido colocar carteis e anuncios publicitarios, agás os que teñan relación coa defensa e sinalizacion do propio Monumento Natural, (6) non modificacion das canles publicas, (7) non instalar explotacións e actividades industriais e agrarias, (8) non instalar tendidos eléctricos, (9) non realizar explotacións mineiras nin abrir canteiras, (10) prohibida a realización de edificacións permanentes de calquera tipo, (11) non permitido o estacionamento e circulacion de vehículos fóra dos camiños e vias existentes, agás os vehículos e maquinaria propios da actividade agrícola e forestal.

Aplicar todas estas normas ou outras similares ao futuro espazo ENIL de Catasós-Casas Vellas non pode ser unha entelequia, nin unha realidade virtual, senon unha necesidade real para manter un espazo que non se alterou ao longo da súa historia ata tempos recentes.

Compartir el artículo

stats