Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Lagoelas sen os cans

Canto me alegra que o Concello de Cangas retire a autorización de praia canina para Lagoelas. Dubido que exista no Morrazo un areal máis integrado na natureza ca este, sen ninguha casa á vista, excepto a mancha branca sobre unha elevación da costa en dirección norte. Recupera así a súa beleza sen os cans.

As protestas dos usuarios e o informe de Medio Ambiente conseguiron que o goberno tripartito (AGE, BNG e ASpUN) rectificara para que esta cala, de pouco máis de cen metros, sexa para goce das persoas sen a invasión dos animais.

Con esta polémica dáse a coñecer esta praia da parroquia de Aldán que carece de acceso rodado. Para chegar a ela, incluso a bicicleta tes que levala da man. Por isto é tan fermosa. Do contrario, pronto estaría rodeada de leiras-park e algúen se lle ocorrería colgarlle unha bandeira azul.

O areal é para amantes do medio. Se vas en coche, hai que deixalo lonxe. Se usas o Cerqueiro, necesitas apearte en San Amaro. Chegas logo de camiñar durante só media hora por un vial, bosque e sendeiro pola beira do mar. Unha marabilla.

Por certo, en baixamar, parte da cala pertence a Bueu. Ignoro se o alcalde Xosé Manuel Pazos pensou neste municipio cando acordaron en Cangas dedicala aos animais. Como agora volve ser como antes ao eliminar o de praia canina, pois xa non haberá lugar para un posible conflito, amigable claro, entre os concellos veciños.

Moitas grazas

(*) Veciño de Bueu

Compartir el artículo

stats