Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Non pronunciar o nome de Europa en van

Cando eu tiña dazaoito ou dazanove anos e me meteron na man papeis da Comunidade Económica do Carbón e do Aceiro veume a ialma aos pés. Dixéranme os galeguistas que ían esfarelarse as fronteiras dos grandes estados mediante a unidade europea e que rexurdirían das súas cinsas unhas chamadas "comunidades básicas diferenciais", ou sexa Galicia, Euskadi, Cataluña, Occitania, Bretaña, Gales, Escocia e cousas semellantes que o mundo moderno e contemporáneo fora abolindo.

Non ocorreu así, e do que se trataba era de construír un bloque occidental formado polos vellos estados e posto ao servizo anti-democrático da política dos EEUU. Proba diso é que a Europa do Leste, na que se incluía a URSS, estaba fóra (seguro) dos proxectos que se chamaban a si mesmos Mundo Libre. Ben é verdade que aquel carballo enxebre, como chamara Malraus a De Gaulle (e a Mao), non vía con bos ollos o Mercado Común e insistía en que Europa remata, se tal, nos Montes Urales. Por outra banda, a película (1961) de Henri Verneuil, titulada Le Président igual ca novela orixinal de Simenon, alertaba contra unha Europa que non fose federal e socialista.

En realidade, segue a ser difícil tomar en serio unha Unión Europea que se chama a si mesma, con exclusividade e arrogancia, "Europa" se temos en conta que fóra dela se encontran Dostoievski con toda a novela rusa arredor e a Taboa Periódica dos Elementos Químicos de Mendeleiev, alén de, poñamos, Stravinski e Lenin. Xusto despois da II Guerra Mundial, a porción de Europa que os EEUU tiñan debaixo do pé dereito reconstruiuse de formas diversas.

Os escritores, os científicos e os filósofos nazis foron reutilizados en escrúpulo polos ocupantes norteamericanos. Inxectouse moito diñeiro e as burguesías alemá, francesa e do despois dito Beleux foron obrigadas a se reconcialiar, cousa que fixeron encantadas da vida. Os ocupantes norteamericanos idearon e puxeron as bases da actual Unión Europea, mentres a URSS se aplicaba ao labor de construír a outra Europa co Comecón e diversas alianzas.

Nunca houbo, pois, unión europea verdadeira nin a hai hoxe. Quero con isto decer que, a saída da UE que acaba de pór en escena (con boa interpretación) Inglaterra, é unha amósega, despois do golpe de estado en Kiev, de que o poder omnímodo dos EEUU sobre Europa Occidental está sumamente enfeblecido.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.