Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A neve, un ben escaso en tempos de abundancia

"Unha infancia sen neve é como unha vellez sen braseiro", apunta o escritor Daniel Utrilla nunha pasaxe que tamén refire a sorpresa que lle supuxo ao Nobel García Márquez contemplar a neve por primeira vez, xa ben entrado en anos, ao saír dun café do bulevar Saint Michel unha tarde parisina. Aquela manifestación, semellante a de Alfanhuí de Sánchez Ferlosio, repetíase onte nos cumios máis elevados do Morrazo, sobre todo polos máis novos que non viran ese estampa antes. Estampas que acaso repasarán un día, xa máis preto da cheminea.

Máis propostas para o pazo de Vista Alegre

A idea de convertir a emblemática casona privada de Aldán nun Parador de Turismo, lanzada desde o goberno cangués, está a xerar algunhas adhesións e tamén unha marea de propostas alternativas. As máis favorables pasan pola rama da hostalaría e a promoción turística, e tamén por crear un centro de interpretación histórica que contribúa a poñer en valor todo o conxunto. E as máis críticas apuntan a abrir alí un club nocturno de nivel superior ou un "castelo das pantasmas" no que meter dentro a algúns políticos que, como din os máis castizos, "queren facer fillos en muller allea".

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.