Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Manuel Bragado.

Campo de Granada

Manuel Bragado

Produtos do país

Miña avoa e miña nai foron praceiras do mercado do Progreso onde venderon durante varias décadas froitas e verduras. Desde moi noviños aprendimos alí que os produtos do país e da casa eran os máis valorados e preferidos polas clientas. Os grelos, os repolos, os pementos, as xudías, as escarolas, as leitugas, os tomates, as cebolas e as patacas, presentadas nas patelas, eran sempre da aldea. As mazás, fosen tabardillas, reinetas ou de louriñales, as pavías, os pexegos, as ameixas, as peras de san xoán, as cereixas, as castañas e as noces eran sempre do país. Como os ovos e os chourizos eran sempre da casa, a tetilla do país, o marmelo artesán e a manteca de confianza. Denominacións todas que expresaban a calidade e orixinalidade dos produtos da nosa horta, cuxa orixe en moitas ocasións estaba en pequenas explotacións familiares das parroquias viguesas, que mércores e sábados acudían á feira. Daquela, cando Portanet e Ramilo gobernaban en Vigo, nos anos da ditadura e da resistencia, nos mercados municipais do Progreso, Berbés, Travesas, Calvario, Teis e Bouzas, onde se realizaba a compra diaria, conservábase intacto o aprezo polo propio, polos produtos alimentarios do país.

Porén, desde hai tres décadas está en marcha un proceso imparable de liberalización do comercio mundial de alimentos que levou á deslocalizar e intensificar a produción e a desestacionalizar o consumo dos produtos agrarios. Un proceso que no marco das mudanzas das formas de vida e do consumo urbano foi substituíndo aquel vello modelo de compra diaria no mercado de produtos frescos de tempada polo de compra semanal ou mensual no supermercado ou grande superficie. Hoxe os consumidores galegos, como o resto dos privilexiados do primeiro mundo, temos a posibilidade de adquirir, sen importar nin a súa orixe nin cando foi producido, calquera tipo de alimento fresco (sexan pementos de Padrón producidos de Almería, xudías de Marrocos, mazás de Chile ou amorodos de Palos en pleno inverno), conxelado (sexan produtos naturais ou xa precociñados) ou envasado (sexa auga mineral australiana ou espárragos chineses ou peruanos). Sen esquecer, que neste mesmo período mundializouse o mercado de produtos alimentarios básicos, como o da soia, o café ou o leite, con consecuencias funestas para os seus produtores, sometidos ás flutuacións de prezos e os intereses de grandes corporacións transnacionais que monopolizan a súa distribución e pretenden a súa liberalización total.

Un proceso de reconversión alimentaria que no marco da Unión Europea levou a desaparición das pequenas explotacións agrogandeiras e a súa substitución por outras de dimensións industriais. Unha dinámica que en Galicia leva arruinadas 150.000 explotacións agrogandeiras e supuxo abandonasen esta actividade 350.000 persoas. Crises como a actual do prezo do leite, que afecta a todos os produtores europeos e pode arruinar de vez este sector en Galicia, constitúen apenas a punta do iceberg deste modelo intensivo de produción alimentaria, que no noso país contribúe ao despoboamento do medio rural, mais que tamén, non o esquezamos, é incapaz de proporcionar alimentos para toda a poboación mundial e ameaza a saúde do planeta no seu conxunto, polo aumento da emisión de gases que provoca a deforestación e o aumento de consumo de combustibles fósiles. Un modelo de produción agrícola insostible e inxusto, incapaz de atallar a fame e a pobreza no planeta, ao que, dende hai vinte anos, tras o cumio mundial da alimentación da FAO en Roma, se ofrece como alternativa o da soberanía alimentaria, baseado no dereito que ten cada país de producir os seus alimentos nun marco de desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria.

Ese marco de recuperación da soberanía alimentaria,

Compartir el artículo

stats