“Nin o imaxinas” recrea en primicia a ponte entre A Coruña e Ferrol e o terremoto de Triacastela
Hoxe, ás dez da noite, estrea do primeiro programa de realidade virtual da TVG | Tamén revivirá a destrución do santuario de Muxía por un raio no 2013

A presentadora do programa, Alba Mancebo. / FdV
Redacción
O programa Nin o imaxinas de Televisión de Galicia, presentado por Alba Mancebo, presentará hoxe, ás 10 da noite, a ponte ideada no seu día para unir as cidades de A Coruña e Ferrol. Tamén revivirá o terremoto de Triacastela do ano 1997 e visitará Muxía para lembrar a destrución do santuario por un raio en decembro de 2013.
Seguindo a tónica do “nunca visto”, na estrea de Nin o imaxinas verase con todo detalle como sería a ponte proposta entre Ferrol e A Coruña. Este proxecto que hoxe levamos a cabo, xa fora proposto, en 1968, polo arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat e, no 2000, do enxeñeiro da Universidad de A Coruña, Santiago Hernández.
Ponte A Coruña - Ferrol
Este primeiro programa de Nin o imaxinas contará tamén, en exclusiva, cunha entrevista a Paco Vázquez, alcalde da Coruña entre os anos 1983 e 2006. Nesta conversa fala da idea de levar a cabo esta ponte entre as dúas cidades ártabras. Tamén se falará coa Confederación de Empresarios, arquitectos e veciños de ambas as dúas cidades.
Terremoto de Triacastela
Imaxinan que un terremoto fai caer a catedral e a muralla de Lugo? Esta é outra das imaxes inéditas que se poderá ver esta noite. Pero, lembrando un dos momentos máis preocupantes da historia luguesa, abordaremos noutra reportaxe o terremoto que tivo lugar no triángulo composto por Sarria, Becerreá e Triacastela no ano 1997.
Especialistas en sismos contan os motivos científicos polos que dito triángulo lucense é considerado a zona cero dos terremotos da comunidade galega. Ademais, veciños e veciñas das tres localidades falan sobre a súa vivenza persoal do tremor e do medo que, a día de hoxe, non conseguiron esquecer.
A temática sísmica vai acompañada tamén da historia de verdadeiros heroes; que forman parte de asociacións que traballan con cans rastreadores que estiveron presentes en numerosas catástrofes, tales como o terremoto de Turquía ou as inundacións de Libia.
O raio asasino
Neste primeiro programa verase, xunto ao “raio asasino” que caeu sobre a catedral de Santiago de Compostela, unha reportaxe que recorda a traxedia do incendio por mor doutro raio, do santuario da Virxe da Barca, contado polas propias testemuñas. Ademais, da man da científica Bibiana García Visos, desmontaranse mitos populares sobre como temos que reaccionar se nos sorprende unha tormenta eléctrica.
Novo formato
A orixinalidade deste novo programa de Televisión de Galicia reside nesta nova forma que nos permite materializar todo aquilo que se poida imaxinar. Aínda así, Nin o imaxinas trae moito máis consigo que o visual. Cada unha das realidades virtuais vai acompañada de diferentes reportaxes cargadas de información sobre temas relativos ao medio ambiente.
Nin o imaxinas completa a súa temática abordando a situación climatolóxica de toda Galicia.
A partir de hoxe, ás 10 da noite, Nin o imaxinas.
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- Muere una mujer de 60 años tras caer en un pozo y electrocutarse en Vigo
- Travesía de Vigo recupera la normalidad después de que un tráiler bloquease la rotonda con Buenos Aires
- Cangas comienza a instalar vallas en las carreteras en el entorno de las playas para impedir aparcar
- Borja Iglesias: «Tras mi debut en el Mundial, Claudio me hizo llorar con su mensaje»
- Isabel y Adolfo, de Venezuela a Ourense con sus tres hijos para reabrir un puesto en la plaza de abastos: la inmigración que rescata el comercio en Ourense