Síguenos en redes sociales:

O mundo do mar e da pesca protagoniza un novo capítulo da serie “Grazas á vida”

A peixeira Nieves Fontán e o patrón de cerco José Antonio Gómez centran hoxe programa na TVG 2

O mundo do mar e da pesca protagoniza un novo capítulo da serie “Grazas á vida”Pablo Hernández Gamarra

“Grazas á vida” chega hoxe, ás 17.25 horas na TVG 2, ó seu capítulo 9, adicado á vida de dúas persoas que tiveron no mar o seu medio de vida. Son a peixeira Nieves Fontán, que vendeu polas rúas e na praza de abastos de Portonovo e tamén no mercado de Sanxenxo, e o mariñeiro e patrón de cerco José Antonio Gómez Joselito, que traballou como patrón maior de Portonovo e tamén como presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra.

O programa, encargado por la canle autonómica a Producións Celta, está presentado por Noa García, que falará cos dous protagonistas xa xubilados que contarán as súas lembranzas vitais.

Deste xeito, os telespectadores coñecerán o percorrido de Nieves Fontán, que escolleu como lugares para contar a súa vida a súa casa en Caneliñas, á beira do mar. Nacida en Cans (O Porriño), marchou coa familia a Portonovo aos seis anos e os seus pais traballaban de peixeiros, oficio que ela tomou aos once años, cando a súa nai enfermou. Por iso outro dos escenarios é o percorrido da costa entre a lonxa e a Praza de Chico, que moitas veces percorreu. O posto na praza de abastos de Portonovo é a última parada.

Pola súa banda, Joselito escolleu o peirao como un dos seus lugares emblemáticos. Comezou a ir ao mar aos 9 ou 10 anos e sacou o título de patrón con 14. A lonxa é outro dos espacios elexidos xa que alí pasou moitas horas tanto cando era armador como cando era patrón maior. A confraría é o derradeiro punto que desperta as súas lembranzas vitais,

Pulsa para ver más contenido para ti