“A porta aberta” emite hoxe, ás 21.30 horas na TVG2, o capítulo “Asociación Ruta do Viño Rías Baixas. Facer visible o ser do viño” no que se porá en valor o traballo deste colectivo. Para elo, o programa realizado por Producións Celta para a canle autonómica, conta coa presenza do presidente do colectivo e responsable das bodegas do Pazo de Fefiñáns, Juan Gil; o responsable de marketing de bodegas Martín Códax, Jorge Pallarés; a directora do Parador de Cambados, Meritxel Marcos, e a responsable de relacións publicas e eventos de bodegas Granbazán, Anabel García.

A produción aborda o universo do viño e o seu carácter cultural e identitario, unha visión aberta que conforma o centro no enoturismo, que é o que quere poñer en valor a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas. Deste xeito, os telespectadores poderán colecer o seu traballo na creación dunha serie de experiencias sensoriais e actividades paralelas á elaboración do viño e á súa comercialización.

A enocultura é, precisamente, a prática que une todas estas experiencias e mantén o factor humano como centro da cultura do viño. Na asociación protagonista do programa hai unha longa experiencia en actividades paralelas e está no seu ADN a experiencia da enocultura antes de que se popularizara. Así, os televidentes coñecerán que o colectivo galego é pioniero na implantación en España da enocultura e empregan o viño como un embaxaidor singular para entender a relación entre unha comarca e o froito da súa terra.

A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas impulsa todo o que significa o viño como símbolo da humanidade máis sincera e orixinal. Os seus integrantes son homes e mulleres que traballan con ilusión para facer do viño un elemento de cohesión das Rías Baixas. Un viño que asume así máis valor alá do intrínseco valor do propio caldo como alimento.