Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, hoxe, en ‘A porta aberta’

O colectivo desta noite (TVG2, 21.30 horas) pon en valor produtos autóctonos e axuda a fixar poboación no rural

Xoán Allegue, Higinio Mougán, Carmen Rodríguez y Alberto Amil, no programa de hoxe. Produccións Celta

O programa ‘A porta aberta’, escrito e dirixido por X.H. Rivadulla Corcón, cóntanos no programa desta noite (TVG2, 21.30 horas) a historia e a actualidade da Asociación Galega de Cooperativas Agrolimentarias, contando coa presencia da presidenta Carmen Rodríguez, o director xerente Higinio Mougán, o vogal do sector vitivinícola Xoán Allegue e o homólogo deste último no sector horta e flor, Alberto Amil.

No espazo de hoxe, os espectadores achéganse ao traballo das cooperativas agroalimentarias galegas, na súa contribución a poñer en valor os produtos autóctonos e a fixar poboación no rural. E, para defender esta forma de entender o traballo e a súa dimensión social, naceu este colectivo galego de cooperativas agrolimentarias. Os membros da asociación transmiten que o seu traballo debe entenderse como un xeito de vivir no respecto á idiosincrasia de Galicia.

Día a día

A porta aberta’, que emítese de luns a venres, está realizado por Producións Celta e pretende dar protagonismo ao labor que fai o movemento asociativo galego, achegándose ao día a día de diversos colectivos da comunidade.

Mañá, martes, ‘A porta aberta’ ofrecerá “Unha visión ecolóxica do país”, que é nome da emisión adicada á Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, que preside Verónica Torrijos, acompañada nesta ocasión da fundadora e expresidenta Adela Figueroa, do coordinador da área de Formación Ambiental Ramsés Pérez e da vogal da directiva Tania Gómez.

"Ecoloxía, viños, libros e patrimonio industrial, eixos da semana"

decoration

A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas protagoniza o capítulo deste mércores, que leva por título ‘Facer visible o ser do viño’, no que participarán o presidente da asociación e responsable das bodegas do Pazo de Fefiñáns, Juan Gil, o responsable de marketing de bodegas Martín Códax Jorge Pallarés, a directora do Parador de Cambados Meritxel Marcos e a responsable de relacións publicas e eventos de bodegas Granbazán Anabel García.

No penúltimo “A porta aberta” da semana, o próximo xoves, tocaralle o turno aos libros, co programa que leva por título “Con libros para iniciar o camino”, centrado na Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix),

E no último programa da semana os espectadores coñecerán o traballo de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, na emisión titulada “Manter viva a memoria industrial”.

Compartir el artículo

stats