“Caderno de bitácora” achégase hoxe ata Cangas para dar a coñecer o duro traballo dos percebeiros. Titulado “Julio Vidal Rajó. Entre o mar alto e o mar do percebe”, a TVG emite hoxe o capítulo ás 10.55 horas. Realizado por Producións Celta por encargo da canle autonómica, o capítulo está dirixido, escrito e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, que falta co protagonista e cos seus amigos e familiares.

O programa permitirá coñecer o oficio dos percebeiros, un dos máis singulares do mar, a través de Julio Vidal Rajó, nacido na parroquia canguesa de Coiro. O protagonista de “Caderno de bitácora” foi percebeiro durante 21 anos, principalmente nas Illas Cíes. Para coñecelo mellor, Rivadulla Corcón fala coa súa muller Esther Saa, traballadora da conserva, coa que ten dous fillos, e tamén co percebeiro que compartiu moito tempo no mar con el, Lolo Martinez. Eles van axudarnos a homenaxear ao bravo percebeiro.

O percebe trouxo un cambio fundamental na vida de Julio xa que foi a volta definitiva a casa

Empezou a traballar con 12 años na arte da ardora para pasar á pesca de altura con 15 e traballar nela durante 18 años, una traxectoria que fixo del un mariñeiro completo. O percebe trouxo un cambio fundamental na vida de Julio xa que foi a volta definitiva a casa, ao fogar, e xa quedou no mar de Cangas.

Os dous visitan e conversan no porto de Cangas, onde atracan as embarcación dos percebeiros, navalleiros e mariscadores, os da pesca de baixura e que supón unha parte importante da vida de Julio. Pero ademais, os telespectadores tamén coñecerán outras facetas de Julio, como a súa afección pola repostería. Un home que ben merece a homenaxe que lle rende “Caderno de bitácora”.