"Luar" renderalle homenaxe esta noite na TVG ao cantante galego Juan Pardo
O espazo que presenta Xosé Ramón Gayoso contará este Venres Santo coas actuacións de Pasión Vega e Lys Pardo, entre outros artistas
"Luar" chega este Venres Santo á súa cita cos espectadores da Televisión de Galicia (TVG) repleto de artistas e de momentos únicos nunha edición en que o programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera renderalle unha homenaxe a Juan Pardo. A maior parte dos artistas que actuarán esta noite interpretarán temas do coñecido cantante galego. Procedente de Vilaboa, a audiencia do musical da Galega coñecerá tamén a Lito, o gañador dos 10.000 euros acumulados no bote do concurso telefónico.
Cómpre salientar, ademais, que "Luar" contará coa presenza de Pasión Vega, que acode ao espazo para presentar o seu novo disco 40 quilates. Nos temas deste traballo, a artista malagueña expresa a súa madurez e experiencia adquirida nos máis de 20 anos de carreira.
Pero, sen dúbida, quen será protagonista hoxe é Juan Pardo. Coñeceranse momentos da súa vida e lembraranse éxitos como "Xirarei", "Cando te namores", "Quen puidera namorala", "A fala-falade galego", "Nova Galicia", "En pé" ou "Por que me tes bicado".
No especial non faltrá a súa filla Lys Pardo, que segue os seus pasos no mundo da música, e interpretará unha das cancións de seu pai favoritas. Tamén acudirán con temas de Juan Pardo, Mar Davila, Xil Ríos, Xosé Manuel Piñeiro, Tania Fuegho, Manuel Deandrade e Mar Davila, entre outros.
Temas
Más en Televisión
-
El padre de Ana Herminia advierte a Ángel Cristo Jr.: "Yo también soy un león"
-
Telecinco renueva 'La vida sin filtros': tendrá segunda temporada con Cristina Tarrega como presentadora
-
La crítica de Monegal: Alarma en ‘El hormiguero’ por lo que dice Sánchez
-
Pepe Rodríguez rompe su silencio tras la última polémica en 'Masterchef': "¿Tú crees que un programa estamos aquí para dañar?"