Actos

Unidade Móbil de Doazón de Sangue, hoxe no IES A Paralaia, en Moaña.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) de Galicia despraza hoxe unha unidade ás inmediacións do instituto A Paralaia, de Moaña, para atender ás persoas donantes

Hoxe, de 10.00 a 14.00 horas, diante do instituto.

Adicam promove obradoiros de autoestima, relaxación e psicoloxía positiva para facer frente á pandemia.

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam) vén de organizar unha serie de obradoiros online enfocados ao desenvolvemento persoal que levan o título de “Aprendizaxe perimetral”, que se celebrarán durante todo o mes de febreiro e son totalmente gratuitos. As temáticas son “autoestima”, “relaxación”, “asertividade e conflictos” e “psicoloxía positiva”. Os dous primeiros celebraranse os días 8, 9 e 11, en horario de tarde, mentres que os dous últimos serán os días 5, 16 e 18. Estas actividades serán vía “Zoom”, unha aplicación gratuita e moi sinxela de utilizar, e para participar só é necesarios inscribirse previamente

Varios días e horas (sempre polas tardes) durante o mes de febreiro, previa inscrición.