O espazo da TVG ‘Caderno de bitácoira’ chega hoxe, ás 10.50 horas, a súa emisión número 25, titulada “Mari Carmen del Río, o mar como expresión dos sentimentos”, que céntrase na historia dunha veterana do mundo das pecebeiras galegas. Con Mari Carmen, que sentiu e sente o traballo nas rochas con intensa paixón, se escribe unha páxina para o futuro do programa, coa memoria do que construíu o presente.

As mulleres de Rinlo saíron a gañarse a vida, no máis extenso sentido desta expresión, indo ás pedras do mar a apañar os percebes. Sendo moi nova, Mari Carmen del Río, empezou no oficio e xa pasou toda a súa vida nesl. Co tempo converteuse nunha perceberia de referencia en toda a Mariña.

‘Caderno de bitácora’ ríndelle homenaxe coa axuda dos seus fillos, con Coté Fernández, que herdou o seu oficio, e con Pedro Fernández, que compuxo unha canción a súa nai que hoxe é himno das percebeiras de Rinlo.

Mari Carmen foi pioneira no traballo das mulleres no percebe nos portos de Rinlo e Ribadeo. Cando ela empezou non era o habitual ver mulleres traballando o percebe e ela o fixo con 15 anos, e converteuse na súa paixón; e como muller de mariñeiro na pesca de altura tivo que facerse cargo soa de criar aos fillos. Nunha época en que as campañas na mercante e na pesca duraban moitos meses, polo que os períodos nos que o seu home non estaba era moi longos, e sen as posibilidade de comunicación que existen hoxe.

Por estas circunstancias, Mari Carmen non quixo que o seus fillos embarcaran, e non llo permitiu, pero con Coté non o conseguiu e si se dedicou ao percebe como segue facendo na actualidade.

Moi querida polas súas compañeiras, para artellar a homenaxe a Mari Carmen o programa da canle autonómica conta cos eles. O outro, Pedro Fernandez, é un músico que nas súas canción fala moito do seu entorno, das percebeiras, o mar e o propio Rinlo. Coté Fernández é xa unha percebeira con experiencia, e ten tanta paixón polo oficio como a súa nai.

"O programa lembra a Toña, que morreu traballando o percebe nas rochas"

Camiño polo paseo de Rinlo con Mari Carmen, o programa lembrarase da súa compañeira e amiga Antonia González, que morreu traballando o percebe, e foi unha dura traxedia para o grupo de percebeiras. Neste paseo hai unha placa de homenaxe a Toña, como se lle coñecía en Rinlo, e xunto á placa imos falar de dela.

O equipo de X.H. Rivadulla coñeceu a Toña cando foi as pedras do mar a vela traballar na recollida do ourizo e estivo falando con ela para o programa “Salitre e vento” da TVG no 2009. A súa morte no traballo deixou unha fonda ferida no corazón de toda a comunidade mariñeira de Rinlo e Ribadeo. O primeiro chegou a ser porto importante con máis de cen embarcacions de pesca de baixura.