Vinte e sete festivais galegos dan un paso á fronte e converterse en referente no desenvolvemento dos eventos sostibles, “nun exercicio de responsabilidade co planeta”, como reza a nota que enviaron os organizadores aos medios, “coa contorna e co seu público”.

Os oito festivais que forman parte da Asociación Festivais da Música –Festival de la Luz, Sinsal SON Estrella Galicia, Sonrías Baixas, 17º Ribeira Sacra, Revenidas, Underfest, Vive Nigrán e WOS–, os dezaoito festivais de cinema que forman parte da coordenadora Proxecta –Festival de Cans (O Porriño), Curtocircuíto, Cineuropa, S8 Mostra de Cinema Periférico (A Coruña), Carballo Interplay, Chanfaina Lab (San Sadurniño), FanCine Lemos (Monforte), Curtas Festival do Imaxinario (Vilagarcía), FIC Bueu, Festival RiR (Allariz), MICE Museo do Pobo, Galician Freaky Film Festival, Play-Doc (Tui), Novos Cinemas (Pontevedra), Mostra Mares da Fin do Mundo (A Coruña), Intersección (A Coruña), Festival Internacional de Curtas de Verín e Festival de Cinema Inclusivo de Vigo– e o Marisquiño, tamén desta última cidade, comprometeronse coa axenda 2030 e coa súa visión integradora para a consecución dun obxectivo común: transformar o noso planeta a través da acción.

O pacto suscrito recolle os obxectivos para o trienio 2021-2024; entre eles, a eliminación dos plásticos dun só uso, a redución nun tercio do volume xeral de residuos, a compensación da pegada CO2 ou a transición cara as enerxías renovables na produción dos eventos.

Ademais do pacto mediambiental, asinado en Santiago de Compostela compromisos na dimensión social dos eventos coa igualdade de xénero, coa economía local e coa accesibilidade.