Cultura convoca os Premios Johan Carballeira de poesía e xornalismo
O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro
A Concellería de Cultura de Bueu convoca unha nova edición dos Premios Johan Carballeira de poesía e xornalismo. O certame poético cumpre 26 anos e o xornalístico chega a súa vixésima edición. O prazo para presentar os traballos, que deben estar escritos en galego, remata o vindeiro 31 de xaneiro.
As persoas que desexen participar poderán entregar os textos en formato papel ou ben a través de medios dixitais. Os premios están dotados con 1.500 euros e no caso do certame poético inclúe a publicación do poemario a cargo de Edicións Xerais.
Os galardóns son unha homenaxe ao político, poeta e xornalista José Gómez de la Cueva, que foi alcalde da vila e que era máis coñecido polo seu pseudónimo literario Johan Carballeira.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Más en Morrazo
-
Sanidade encarga a Tragsa la dirección de las ambulancias y pone paz en el conflicto laboral
-
Activado el plan de calor por provincias: Pontevedra estará en riesgo con 28,9 grados y Ourense, con 37,4
-
Iba a por navajas y se encontró con una almeja gigante de cuatro kilos en la ría de Pontevedra
-
El 061 abrió 29 incidencias a Ambulancias do Atlántico por la prestación del servicio con sanciones económicas
Comentarios
Ver comentarios