Arrogante, doente: non sei si les os xornais, escoitas a radio ou miras a televisión. De seren así, estarás enterado que todos estes medios fánse eco cada dia, da proliferación de actos de violencia, de vexacións e de humillacións contra o persoal sanitario e mesmo contra as mesmas institucións e o seu mobiliario.

Non poñas cara de sorpresa porque esta carta vai dirixida e adicada a ti. Dun tempo para acá, despois de que as autoridades sanitarias flexibilizasen as medidas para facer fronte a pandemia, tí e moita xente coma tí, adicástesvos a sulfatar a agresividade que sempre levastes dentro contra colectivo que menos o merecia: os sanitarios. Sí, aqueles que tanto aplaudistes no peor momento da pandemia, aqueles que pagaron coa sua vida esa entrega diaria, aqueles que percorrian os corredores sen descanso, empurrando camillas con xente moribunda, aqueles que artellaban equipos para combatela Covid con bolsas de basura, aqueles que facian de confesores con aqueles que sentian o final cerca, aqueles que mentres secaban as sua mágoas consolaban familias sumidas na tristeza da perda do seu ser querido. Si, aqueles ,seguimos aquí, soportando os imbéciles, os bobos e os cretinos os cales a natureza lle fixo a milagre de levantarlle as patas de adiente.

Pertenzo o mundo sanitario; sí, concretamente o mundo da enfermaría, ese colectivo que xunto con moitos outros, fixo que a pandemia fose máis levadeira, menos cruel, máis tolerante e màis humana. Cada dia era peor que o anterior, viviamos coa paisaxe de magoas esvarando polas desanimadas e desanxeladas caras do persoal sanitario, con xestos que marcaban as miradas perdidas, a impotencia, a desesperación e o desencanto. Dura foi a soidade dos doentes pero aí estaba o sorriso do persoal sanitario que alumeaba aquel lúgubre e siniestro ambiente de morte e desesperación. Todo isto acontecía mentres a xente de ben, agasallábanos cun minuto do seu tempo para aplaudirnos e agradecernos o tempo que lle adicábamos os nosos enfermos. E agora aparece esa xente coma tí, desesperada e amargada que só conxuga o verbo ladrar, berrar, agredir, humillar e insultar contra aqueles que no seu dia foron incansablemente aplaudidos. Ti, que formas parte de ese grupo de doentes intolerantes, arrogantes, prepotentes, que entras pola porta do centro de saúde disparando a todo o que se move e que non é outro máis que nós: o persoal sanitario. Tí que descoñeces os termos educación, pacencia, tolerancia e respecto. Tí, que sempre tes presa cando te asomas o centro de saúde, a un hospital o a un Pac aínda que o moitvo da consulta sexa un gran no cú.

Formas parte de ese grupo de xente que alporiza a salas de espera, esixindo puntualidade na atención; tí, precisamente tí, que cando acudes a mirar os teus cartos a tua entidade bancaria, e esperas unha hora, non abres a boca; tí, que esperas as grandes colas para coller unha entrada para o partido do domingo ou votas toda a noite en vela para recoller a entrada do teu cantante favorito. E despois ves de macho o centro de saúde despotricando contra todos nós. Faite ver -ignorante doente- que para o teu non hai vacina posible, simplemente con unha minidose de educación e unha cucharadiña de xarópe de respecto, teremos a tua diagnose a tua hora e sen espera.

Rabioso doente, fago meu aquel refrán: morto o can, acabóuse a rabia.

(*) Enfermeiro