Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As pegadas no Morrazo de José Cerviño García

Cruceiro das Angurias durante unha bendición de Ramos. | MANUEL UXÍO

No recente Congreso de Cruceiros de Galicia, celebrado en Cangas, interviu o investigador da historia moañesa Manuel Uxío García Barreiro para falar “do outro Cerviño”. Percorreu algunas das obras máis destacadas de José Cerviño García, primo terceiro de Ignacio e ambos naturais da parroquia de Augas Santas, no Concello de Cotobade. Amosou todos os datos que foi investigando nestes anos sobre os cruceiros do viacrucis na contorna da milenaria parroquia de San Martiño, a orixinal de Moaña. Na actualidade unicamente quedan dous antigos, aínda que moi representativos.

Aínda que na primeira sesión do congreso, os relatorios trataron sobre os Cerviño polo motivo da conmemoración do 150 aniversario do labrado do máis senlleiro dos cruceiros galegos, o do Hío; o investigador e veciño desta parroquia, Anxo Coya dedicou a case totalidade do tempo en aportar documentos que amosan a autoría de Ignacio Cerviño Quinteiro sobre el; pois, segundo describiu Faro de Vigo, na data do catro deste mes de abril, Anxo opina que: Fue Ignacio Cerviño el autor del cruceiro de Hío, pues, tuvo oportunidad y estuvo en el lugar.

Cruceiro do adro alto nos anos 50.   | FOTO CEDIDA POR MATILDE MARCOS

Cruceiro do adro alto nos anos 50. | FOTO CEDIDA POR MATILDE MARCOS

Antes da intervención de Coia, o moi afamado investigador, escritor e ecoloxista, D. Estanislao Fdez. de la Cigoña Núñez tratou sobre “A pegada litográfica de José Cerviño García na provincia de Pontevedra”, narrando a historia do outro Cerviño, primo terceiro de Ignacio e naturais, ambos os dous, da parroquia de Augas Santas, concello de Cotobade - Cerdedo. José Cerviño, estaba considerado como o mestre canteiro construtor de dito cruceiro antes de que, no ano 1964 o correspondente de Faro de Vigo en Cangas, Eiroa Hermo, comezase a adxudicarlle ao citado Ignacio a autoría do gran cruceiro.

Relatorio de Manuel Uxío no congreso de Cangas. | FDV

Nun terceiro lugar, concedéronme a palabra para que relatase sobre a tradición relacionada cun viacrucis situado na contorna da igrexa de San Martiño de Moaña e o troque, dun dos seus cruceiros orixinais por outro, atribuído a José Cerviño.

Inscrición do que foi o derradeiro cruceiro do século XVII.   |  M. UXÍO

Inscrición do que foi o derradeiro cruceiro do século XVII. | M. UXÍO

Rematouse a primeira e máis concorrida sesión de relatorios, encol dos Cerviño, coa intervención de Inés Costas que tratou sobre a, “Iconografía nos cruceiros de Cangas do Morrazo”.

Animado polo investigador e escritor, Sr. de la Cigoña que coñecía o texto do meu relatorio antes de que me convidase persoalmente a apuntarme ao congreso e arroupado coa presenza da concelleira de turismo, Coral Ríos, do presidente da asociación cultural Moaña Antiga e da veciñal San Martiño de Moaña, xunto con outros moañeses e demais concorrentes tratei, nun primeiro lugar de amosar a situación xeográfica en que se instalaron os cruceiros do viacrucis na contorna da igrexa matriz da milenaria parroquia de Moaña.

Pasei logo a referirme a un caderno do ano 1981, denominado “Cruceiros do concello de Moaña”, escrito polo que foi mestre e director da Escola Graduada de Quintela, D. Jaime Iglesias e amosar referencias a documentos consultados e inscricións que sinalan que no ano 1689 xa existía un cruceiro no espazo que ocupa, na actualidade, o das Angurias, atribuído polo mestre a José Cerviño. De seguido, referinme á inscrición do cruceiro trasladado que se corresponde coa estación final do viacrucis: IS LA SOLEDAD DE M (Jesús sepultado – La soledad de María).

Na actualidade, unicamente quedan dous cruceiros antigos, aínda que moi representativos pois, ao que se atopa fronte a portada do templo con columna orixinaria, desapareceulle a finais do século XX o capitel do XVII, moi similar ao da “Soledad”; por ese motivo, a comezos da actual centuria, adaptóuselle un capitel e unha cruz modernos. Con respecto a outro, derrubado tamén a mediados de dito século, conservo unha foto que expoño.

Rematei o relatorio amosando todos os datos que fun investigando sobre a autoría, que atribuín ao canteiro José Cerviño García sobre o cruceiro máis monumental de Moaña, o das Angurias onde, ademais de dar a volta as procesións solemnes da parroquia, bendícense as palmas no Domingo de Ramos.

Como foi sinalado, o antedito mestre sinalou que sábese que foi feito por un tal Cerviño, canteiro analfabeto de Aldán – Cangas. Partindo desta frase tan imprecisa, dediqueime a consultar biografías sobre este canteiro, chegando á conclusión de que non era analfabeto pois, desde os 6 aos 11 anos asistiu á escola na súa parroquia, nin nacera en Aldán, berce do finado bispo de Tui, chamado tamén José Cerviño.

Foi moi importante, de cara a proseguir coas investigacións, observar o Cruceiro de Lameiro en Darbo, que ten a particularidade de dispoñer dun capitel moi parello a el, coas súas correspondentes cabezas de anxiños e unha inscrición co ano da súa labra: 1895.

Certamente, José Cerviño nado no lugar da Pena, de onde lle viña o alcume de “Pepe da Pena”, a temperá idade de 11 anos comezou a traballar de pinche con canteiros da bisbarra ata converterse nun dos grandes mestres galegos de cantería.

Segundo describiu Benito Campos García nun folleto editado pola Deputación Provincial de Pontevedra:

Restauración de iglesias, retablos, cruceiros, imágenes, panteones, “capillas de ánimas” en las encrucijadas... constituyen la mayor parte de su obra…

En efecto, hai constancia documental que na década dos 90 do século XX estivo traballando nas igrexas de Beluso e Bueu.

Un dos indicios máis importantes de cara a que se lle poida atribuír a autoría do Cruceiro das Angurias, atópase no devandito folleto onde, Benito Campos, afirma que no panteón que construíu en Augasantas para ser enterrado:

En lugar destacado de la construcción se halla su “logotipo”: el bonete de cuatro picos. Este bonete es la firma de muchas de sus obras.

Con posterioridade ao seu pasamento, o panteón que acollía os restos mortais foi ampliado; ao parecer, durante as obras destruíron o devandito bonete de catro picos.

Como remate, sinalar que existen varios canastros con bonete, en Moaña, que levan inscritos os anos da súa construción; todos eles na década dos anos 90 do século XX.

*Investigador e cronista oficial de Moaña.

Compartir el artículo

stats