Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ritmos cos encantos de Moaña

O Concello comeza a pendurar na rede os videoclips do disco infantil “Xirarei cos Bolechas”, con imaxes aéreas da vila

O videoclip de Magín Blanco chegando no transporte de ría.

A música infantil e o audiovisual únense para promocionar Moaña. Neste mes de febreiro no que o Concello e os centros de ensino puxeron en marcha o reto “21 días en galego”, tamén comenzan a pendurarse da rede os videoclips do proxecto “Xirarei cos Bolechas”, que ten o seu xerme na publicación dun libro editado no ano 2018 no que Os Bolechas percorren os principais monumentos de Moaña e coñecen a persoeiros destacados.

As cancións levan meses penduradas e pódense descargar dende a sección propia na web do Concello. Agora comezan a subirse os videoclips, ao ritmo de dous por semana (os martes e xoves). Trátase dunha peza audiovisual de cada unha das cancións, gravadas con imaxes aéreas nas que se poden ver tanto as paisaxes como a riqueza patrimonial de Moaña.

Xa se pode ver o vídeo da canción “Os Bolechas chegan a Moaña”, de Magín Blanco e rodado en grande parte no transporte de ría. Ademais, onte publicouse a peza audiovisual de María Fumaça titulada “As mariscadoras”, na que salen traballadoras deste colectivo tan representativo do sector do mar de Moaña.

Faltan por coñecerse os vídeos das cancións “Xirarei”, nunha versión de Wöyza acompañada por Max Gómez, Juansy Santomé e Juanma Ons; “Rechouchío”, de María Faltri e Jorge Juncal; e “Intercéltico do Morrazo”, do gaiteiro Anxo Lorenzo.

O último videoclip contará coa actriz Iria Pinheiro lendo o libro de Os Bolechas como fío condutor que une ás cinco pezas musicais.

O reto dos “21 días en galego” foi asumido este ano por 500 alumnos de entre 3º e 6º de Primaria e outros 300 estudantes dos institutos da vila.

Compartir el artículo

stats