Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un revoltallo a cuberto

A choiva obriga a trasladar os actos de rúa ao Auditorio de Cangas

Unha das intervencións de onte no “Revoltallo”. | // SANTOS ÁLVAREZ

A xornada da luns na Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas está reservada para o “revoltallo”, unha manifestación polas rúas canguesas da gran vida e actividade cultural da comarca do Morrazo. Este ano incluso a choiva parece que quixo ser espectadora de tanta cultura e obrigou á organización a cambiar o escenario elexido. Os actos previstos no entorno dos Xardíns do Señal tiveron que ser trasladados ao interior do auditorio debido ao mal tempo.

O “Revoltallo” tivo que trasladarse ao Auditorio por culpa do mal tempo. | // SANTOS ÁLVAREZ

Este ano o programa do Revoltallo incluía a participación do curso de creación escénica da Escola de Teatro de Cangas, un espectáculo de danza na rúa da Escola de Danza Maite Quiñones, a danza oriental de Marga Outeiral, Lohengrin Teatro coa obra “Coa mirada nas túas mans”, O Cantar das Anduriñas con “En Caixas” e Teatro Aberto con “Nada”. Inicialmente estaba previsto que se celebrase a partir das 20.00 horas repartido en dous escenarios: os xardíns da alameda de Cangas e o espazo da sala de exposicións do Auditorio de Cangas.

Por mor do mal tempo a organización optou por trasladar toda a programación ao Auditorio, cunha primeira parte que comezou ás 19.00 horas e a segunda a partir das 20.30 horas.

A xornada de onte concluiu no propio Auditorio coa adaptación de “As bruxas de Salem”, de Arthur Miller, baixo a dirección de Casilda Alfaro e coa interpretación da Escola de Teatro de Cangas. Por enriba do escenario cangués pasaron Amparo Mesas, Ana Iglesias, Andrés Gesteiro, Ángeles Menduíña, Carlos Gómez, Juan Luis Pérez, María Fernández, María José Lagoa, Manuel Mañá, Noela Avendaño, Rosa E.Gantes, Sara Malvido, Sara Nieto, Sonia Couto, Sonia Salgado, Vanesa González e o músico Xosé R.Rocha.

Compartir el artículo

stats