A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Lingua, aprobou as subvencións para entidades culturais que promoveron actividades de difusión e normalización do galego.Hai catro da comarca do Morrazo: a Asociación FICBueu para a realización da curtametraxe “Marcos 2020”; Fecimo, por un proxecto de dinamización da lingua no comercio local; a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín para fomentar o galego nas compras; e Asociación de Veciños de Tirán para a publicación da revista “O Pegho”.